Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xuño de 2023

    O Instituto Navarro do Éuscaro destina 915 000 euros para a concesión de axudas a 92 entidades locais, que desenvolverán programas de promoción do éuscaro no ámbito municipal, como, por exemplo, cursos de formación, concursos literarios, actividades que fomentan o uso oral ou estudos sociolingüísticos.

    Fonte: Navarra.es

    09 de xuño de 2023

    A xustiza finlandesa demanda á Universidade de Aalto que propoña medidas para garantir que o finés sexa a lingua principal de instrución e reduza cursos ofertados en inglés.

    Fonte: Research Professional News

    09 de xuño de 2023

    Un informe elaborado pola Comisión das Comunidades de Lingua Galesa evidencia a necesidade de que os municipios con maior porcentaxe de falantes de galés do País de Gales deberían contar con maiores competencias para protexer a lingua galesa.

    Fonte: BBC

    08 de xuño de 2023

    Plataforma per la Llengua puxo en marcha esta campaña para conseguir que as consolas e as plataformas dixitais de videoxogos incorporen o catalán na interface gráfica.

    Fonte: El Nacional

    08 de xuño de 2023

    O Consello de Goberno destina 1,7 millóns de euros aos proxectos de Euskalgintza, que buscan o fomento e a normalización do éuscaro. Ademais, este ano a convocatoria conta cunha nova modalidade de proxectos, que teñen como obxectivo a creación e difusión audiovisual.

    Fonte: Gobierno Vasco

    08 de xuño de 2023

    A RTPA anunciou a incorporación gradual do asturiano nos informativos e o primeiro paso vai ser un resumo nesta lingua coas novas máis importantes da xornada na segunda edición de 'TPA Noticias'.

    Fonte: Asturies.com

    08 de xuño de 2023

    A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades de concienciación lingüística, que inclúe debates e unha ruta guiada, co ensaio O libro negro da lingua galega como fío condutor. 

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de xuño de 2023

    A Xunta de Galicia promove proxectos para fomentar o uso do galego durante este curso en 858 colexios e institutos sostidos con fondos públicos cunha achega de 350 000 €.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de xuño de 2023

    O Instituto da Lingua Estoniana acaba de publicar o libro número 35 co que se completa o Dicionario dos Dialectos Estonianos, unha obra lexicográfica de 7300 páxinas.

    Fonte: ERR

    07 de xuño de 2023

    O Parlamento portugués debateu a vinculación plena de Portugal á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, paso imprescindible para protexer de xeito eficaz a lingua mirandesa e o dialecto barranqueño.

    Fonte: RTP

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder