Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de xuño de 2023

    O mundo celebra o Día Mundial do Suahili, unha conmemoración proclamada polas Nacións Unidas para reivindicar e potenciar o seu uso. Este ano o obxectivo é descubrir o potencial que esta lingua africana ten no mundo dixital.

    Fonte: UNESCO

    23 de xuño de 2023

    A secretaria de Estado de Relacións Exteriores de Angola, Esmeralda Mendonça, reuniuse coa ministra de Xustiza de Portugal, Catarina Sarmento e Castro, para abordar a promoción do portugués no ámbito internacional.

    Fonte: Plataforma Angola

    23 de xuño de 2023

    Google Maps activou o catalán como lingua dispoñible na voz do navegador, tanto para Android como para iOS, xa que ata agora a oferta lingüística da aplicación se limitaba ao texto.

    Fonte: La Vanguardia

    23 de xuño de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou que a Xunta está a traballar pola oficialidade dos topónimos en galego no Bierzo e Sanabria, de maneira que sexa normativamente correcto utilizar nomes como Toural dos Vaos ou Vilafranca do Bierzo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    23 de xuño de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do espectáculo «Os Bolechas deportistas viaxan no tempo», que vai desenvolver a editorial Bolanda no marco da programación de verán do FalaRedes 2023.

    23 de xuño de 2023

    A profesora Margarita Ledo Andión converteuse na primeira muller en gañar o premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego que entrega a Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    23 de xuño de 2023

    Nunha pequena escola da localidade australiana de Eidsvold, o docente aborixe Corey Appo recibe un permiso para poder impartir aulas da lingua wakka wakka e revitalizar o seu uso.

    Fonte: Nation Cymru

    22 de xuño de 2023

    Aprobouse a orde que establece as axudas máximas para o curso 2023-2024, destinadas aos centros concertados que formen parte do Programa Ulibarri de normalización lingüística, ao que se destinarán 1,2 millóns de euros.

    Fonte: Gobierno Vasco

    22 de xuño de 2023

    O número de alumnos que estudan lingua galega nas comarcas do Bierzo e de Alta Sanabria aumentou este curso pasado en 58 estudantes ata chegar aos 1173 nos 19 centros onde se imparte esta materia.

    Fonte: Diario de León

    22 de xuño de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da xira de Cubo, o espectáculo teatral da compañía Elefante Elegante que este verán estará na programación do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder