Das 100 medidas aprobadas en novembro para garantir o presente e o futuro do catalán, o aranés e a lingua de signos catalá, doce están finalizadas; 63, en desenvolvemento; e 25, en fases iniciais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Das 100 medidas aprobadas en novembro para garantir o presente e o futuro do catalán, o aranés e a lingua de signos catalá, doce están finalizadas; 63, en desenvolvemento; e 25, en fases iniciais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Deputación de Pontevedra resolveu as axudas a diferentes concellos da provincia para o mantemento de servizos de normalización lingüística, así como para o desenvolvemento de actividades de fomento do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os cursos de linguaxe administrativa galega, de niveis medio e superior, impartiranse en liña e están dirixidos ao persoal da Administración. En canto aos cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 2, 3 e 4), impartiranse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Máis de 13 000 cónxuxes de familias demandantes de asilo en Alemaña non conseguiron reunificarse coas súas familias polo baixo nivel de lingua alemá.
Fonte: Info Migrants
Creadores de contidos dixitais anunciaron que YouTube vai empregar a intelixencia artificial para dobrar os seus vídeos a portugués e a outras catro linguas.
Fonte: PCGuia
A Goberno de Cataluña chegou a un acordo coa Organización Educativa, Cultural e Científica da Liga Árabe (ALECSO) polo que fomentará a asociación entre centros educativos cataláns e o mundo árabe. Así, ademais de fomentar a súa lingua, impulsaranse proxectos relacionados coa arte, a cultura ou a sostibilidade.
Fonte: E-Notícies
O campionato deportivo “EUTSI kirolari, GOGOR euskarari!” recoñece o labor dos clubs de Basauri e outros once municipios a prol do fomento do uso do éuscaro no deporte.
Fonte: Bidebieta
A guía Para a inclusión, publicada por Gálix coa colaboración da Xunta de Galicia, estrutúrase en varios apartados: audiolibros; libros con pictogramas; libros de lectura fácil; libros en braille; libros sen texto; libros de abecedario, dicionarios visuais e coleccións básicas; xogos e xoguetes; libros sobre desigualdade e diversidade.
As axudas para o libro galego están destinadas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Goberno de Islandia aproba unha resolución parlamentaria de 18 accións para potenciar e protexer a lingua islandesa.
Fonte: Iceland Review
Subscríbase ao boletín