Taiwán celebra a súa diversidade lingüística cos Premios Golden Melody que recoñecen o labor de artistas musicais en diferentes linguas, non só en chinés mandarín, mais tamén en taiwanés, hakka e outras linguas indíxenas.
Fonte: The National News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Taiwán celebra a súa diversidade lingüística cos Premios Golden Melody que recoñecen o labor de artistas musicais en diferentes linguas, non só en chinés mandarín, mais tamén en taiwanés, hakka e outras linguas indíxenas.
Fonte: The National News
A Biblioteca da Universidade de Yale (EUA) permitirá que estudosos e estudosas poidan ter acceso libre a manuscritos redactados en lingua turca otomá.
Fonte: Yale News
O primeiro ministro de Ucraína anunciou que o estado financiará cursos de lingua inglesa para a súa cidadanía co fin de que todas as persoas poidan ser competentes neste idioma no futuro.
Fonte: Yahoo news
Un estudo revela que dúas de cada tres escolas públicas de ensino secundario do Reino Unido ofrecen só unha lingua estranxeira. O idioma máis afectado por esta redución é o alemán.
Fonte: The Guardian
O Museo do Indio de Boa Vista, no estado brasileiro de Roraima, fixo o prelanzamento da Gramática Pedagóxica da Lingua Wapichana, froito dun traballo de documentación lingüística realizado no ámbito do Proxecto Salvagarda do Patrimonio Lingüístico e Cultural dos Pobos Indíxenas Transfronteirizos.
O Consorcio para a Normalización Lingüística fixo balance do 2022, ano no se aprecia un crecente interese polos cursos de catalán, nos que se produciu un incremento de inscricións alta alcanzar case as 93 000.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Google acaba de presentar AudioPaLM, unha ferramenta que permitirá desenvolver aplicacións concretas de recoñecemento de voz e mesmo tradución de voz a voz e na que o catalán ten soporte de primeiro nivel polo seu elevado nivel de recursos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo un informe do Servizo de Normalización Lingüística da USC, o uso do galego na docencia ao longo do curso 2022-2023 mantívose estable, na liña dos últimos anos académicos.
A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta, creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e primeiros 90.
Fonte: Real Academia Galega
O centro especial de emprego Indesa 2010, que forma parte da rede Xedera, aposta polo impulso e a utilización do éuscaro e o dereito á aprendizaxe desta lingua como elemento de inserción laboral, que se plasma na chamada 'Declaración de Arbulo'.
Subscríbase ao boletín