Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xullo de 2023

    Segundo o InformeCAT que publica anualmente Plataforma per la Llengua, o 95 % da poboación de Cataluña, a Comunidade Valenciana e as illas Baleares considera que fala ben o castelán, porcentaxe que baixa ata o 65,1 % no caso do catalán.

    Fonte: El Periódico

    04 de xullo de 2023

    O castelo de Soutomaior acolleu a entrega da 27.ª edición dos premios Lois Peña Novo que recaeron no xornal dixital G Ciencia; a guionista, redactora e editora Rosa Castro; e o historiador, escritor e divulgador Felipe Senén.  

    Fonte: Faro de Vigo

    04 de xullo de 2023

    Despois de tres anos de interrupción por mor da pandemia, os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, organizados pola RAG e a USC, celebran a súa trixésimo terceira edición con preto de medio cento de estudantes procedentes de países de tres continentes.

    03 de xullo de 2023

    A Mesa pola Normalización Lingüística organizou na Coruña unha concentración en defensa da toponimia oficial en galego e publicou un manifesto neste sentido na súa web que recibiu máis de 7000 sinaturas de apoio nos dous primeiros días.

    Fonte: Galicia Confidencial

    03 de xullo de 2023

    O lehendakari informou no pleno de control do Parlamento vasco de que o novo decreto de normalización do uso do éuscaro na Administración afectará a 146 300 traballadores, o que supón case cinco veces máis que o actual.

    Fonte: Deia

    03 de xullo de 2023

    O Principado elaborou o Manual de llinguaxe alministrativu en llingua asturiana que ten como obxectivo dotar o persoal da Administración dunha ferramenta de normalización léxica e lingüística que inclúe documentos como requirimentos, resolucións, declaracións responsables, anuncios, bases reguladoras, certificacións, licenzas, actas etc.

    03 de xullo de 2023

    Esta nova liña de axudas para editar audiolibros e libros de lectura fácil en galego enmárcase no Plan de impulso do libro galego e conta cun investimento de 150 000 euros.

    Fonte: Faro de Vigo

    03 de xullo de 2023

    O alumnado do instituto Castro Alobre presentou a oitava edición da súa campaña coa a que buscan impulsar o uso do galego mediante a repartición polas cafeterías de Vilagarcía de Arousa de 36 000 pousavasos con mensaxes nesta lingua.

    Fonte: Faro de Vigo

    03 de xullo de 2023

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística na que cinco proxectos recibiron a consideración de excelentes pola que recibirán unha dotación económica de 2000 euros.

    03 de xullo de 2023

    O presidente de Ucraína, Volodymyr Zelenskyy, quere que o inglés se converta nunha lingua de comunicación internacional no país eslavo e introducirá a obrigatoriedade de dominalo nalgúns cargos oficiais.

    Fonte: Euromaidan Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder