Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xullo de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presentaron Redecinema, unha proposta de cine en galego ao aire libre coa que a Xunta de Galicia amplía a oferta de ocio para este verán dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de xullo de 2023

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) mostrou a súa satisfacción ante o anuncio de Radiotelevisión Española (RTVE) de incorporar lingua de signos e subtitulado na emisión dos debates electorais.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de xullo de 2023

    A Real Academia Galega e PuntoGal entregan os premios do VI Concurso de microrrelatos a nove historias que proxectan o galego como idioma para todas as idades.

    Fonte: RAG

    13 de xullo de 2023

    O Instituto Confucio da Universidade de Katmandú, no Nepal, formou desde a súa creación hai 16 anos case 50 000 profesionais de lingua chinesa.

    Fonte: Xinhua

    13 de xullo de 2023

    O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña anunciou a presentación de Elemental, a nova produción de Diseny e Pixar con dobraxe á lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de xullo de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da XVI edición do curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en lingua, impulsado cada ano pola Universidade da Coruña (UDC) co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Carballo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xullo de 2023

    O embaixador de Guinea Ecuatorial en Lisboa afirmou que o Goberno do seu pais decretou a introdución oficial da lingua portuguesa no sistema educativo.

    Fonte: e-Global

    12 de xullo de 2023

    A Fundación Barcelona Zoo e o TERMCAT, en colaboración co Museo de Ciencias Naturais de Granollers, publicaron en liña o Diccionari dels mamifers del món que recollerá 6800 termos correspondentes a mamíferos de todo o mundo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de xullo de 2023

    O Goberno do estado brasileiro do Amazonas quere aprobar un proxecto de lei que garanta o recoñecemento das linguas indíxenas que se falan no estado como patrimonio cultural inmaterial.

    Fonte: Mário Adolfo

    12 de xullo de 2023

    A Academia da Lingua Asturiana emitiu un comunicado en que rexeita a intención do partido político Vox de vetar as manifestacións culturais e artísticas en lingua asturiana e mostrouse contraria a calquera intento de minguar o uso social do idioma.

    Fonte: Nortes

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder