Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de xullo de 2023

    O Barómetro do Comercio 2022 revelou que o comercio da provincia de Guipúscoa é o máis experimentado e o que máis emprega a lingua vernácula en todo o País Vasco.

    Fonte: El Diario Vasco

    25 de xullo de 2023

    O presidente de Kirguizistán, Sadyr Japarov, acaba de aprobar unha lei que quere garantir o uso obrigatorio do kirguiz no goberno e na administración do país. A nova norma prevé tamén que un 60 % das emisións da radio e televisión estean na lingua vernácula.

    Fonte: Nationalia

     

    25 de xullo de 2023

    Os poetas Imanol Ulacia Aramendi e Iban Garro Alzuri son os gañadores, en castelán e éuscaro respectivamente, do XVII Premio Internacional de Poesía Cidade de Pamplona, organizado polo Concello de Pamplona/Iruña.

    Fonte: Ayuntamiento de Pamplona

    24 de xullo de 2023

    O escritor euskaldún, Kirmen Uribe, recibiu o premio Eusko Ikaskuntza-Laboral Kutxa de Humanidades, Cultura, Artes e Ciencias Sociais 2023 polo seu labor como embaixador do éuscaro no mundo.

    Fonte: Deia

    24 de xullo de 2023

    Como resposta á censura imposta a cinco revistas en lingua catalá na Comunidade Valenciana, a Generalitat de Cataluña iniciou a campaña Som més fortes que la censura (Somos máis fortes ca censura) para fomentar as subscricións a revistas en catalán tanto para consumo propio como para enviar a calquera entidade da Comunidade Valenciana ou das Illas Baleares.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    24 de xullo de 2023

    Máis dun cento de comunicacións presentáronse no LVII Congreso Internacional da Asociación Europea de Profesores de Español, AEPE, unha cita que ten lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e que reúne arredor de 130 docentes chegados de máis dunha vintena de países.

    Fonte: DUVI

    24 de xullo de 2023

    A nova xestora das políticas públicas portuguesas para a cooperación, desenvolvemento e promoción da lingua portuguesa, Ana Paula Fernandes, anunciou que asume o liderado do Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua cunha "responsabilidade engadida".

    Fonte: RTP

     

    24 de xullo de 2023

    O Goberno de Portugal anunciou que o orzamento do Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua, está a ser executado segundo o previsto e mesmo con avances significativos respecto a anos anteriores.

    Fonte: RTP 

    24 de xullo de 2023

    O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña publicou unha nova partida de axudas para crear máis xogos de mesa en lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    24 de xullo de 2023

    O Centro de Interpretación do Aragonés do Mosteiro de Casbas de Huesca acolle a exposición Vozes en o zierzo sobre as linguas minorizadas de Aragón. A mostra está organizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón.

    Fonte: SER

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder