Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de agosto de 2023

    O filme O Corno, dirixido por Jaione Camborda e rodado en galego e portugués nas comarcas de Arousa e Baixo Miño, competirá na sección Platform do Festival Internacional de Cinema de Toronto (TIFF), onde se producirá súa estrea internacional.

    Fonte: Culturagalega

    03 de agosto de 2023

    Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro un encontro no que se afondará no legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023 dende diversas perspectivas.

    Fonte: Real Academia Galega

    03 de agosto de 2023

    O Instituto Agustín Codazzi decidiu xerar un mapa en lingua cofán. Ata o de agora os mapas colombianos incluían os topónimos en español, polo que, grazas a esta iniciativa, unha lingua indíxena aparecerá na cartografía colombiana.

    Fonte: El Espectador

    03 de agosto de 2023

    O pleno do Concello de Xixón aprobou a moción presentada dende a iniciativa «Música n’asturianu SÍ» impulsada por unha agrupación de músicos, empresas e asociacións vinculada á música asturiana.

    Fonte: Nortes

    02 de agosto de 2023

    Malia que o francés é unha das dúas linguas oficiais do Canadá, onde está presente dende o século XVII, a súa supervivencia neste país está ameazada, algo que lles preocupa aos francófonos canadenses.

    Fonte: Le Figaro

    02 de agosto de 2023

    Un total de once estados membro da Unesco desenvolveron plans de acción nacionais cuxo obxectivo é salvagardar, revitalizar e promover as linguas indíxenas a través do apoderamento dixital. O uso da tecnoloxía como ferramenta para preservar a diversidade lingüística constitúe un aspecto central no Decenio Internacional das Linguas Indíxenas.

    02 de agosto de 2023

    Debido ao éxito da edición do pasado ano, ao longo do mes de agosto ofreceranse sesións de balde todos os xoves, nas que se proxectarán cinco películas en catalán para todos os públicos.  

    Fonte: Diari Més Digital

    02 de agosto de 2023

    Un novo estudo, no que se combina lingüística e xenética, sinala unha hipótese híbrida sobre a orixe das linguas indoeuropeas, familia á que pertencen máis de 150 idiomas que falan arredor de 3200 millóns de persoas.

    Fonte: El Debate

    02 de agosto de 2023

    O documental Xálima, dirixido por Henrique Sanfiz, mostra a realidade lingüística dos tres concellos estremeños do val do río Ellas onde se usa a fala, unha variedade do galego, segundo a tese máis aceptada polos lingüístas.

    Fonte: Nós Diario

    02 de agosto de 2023

    Na inauguración da Feira do Libro da Coruña, que abriu as súas portas o 1 de agosto, participou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, quen salientou o bo momento do libro en galego, cun incremento superior ao 8 % na edición de exemplares nesta lingua e de case un 6 % nas vendas.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder