Os cursos iniciais para aprender catalán da Universidade Rovira i Virgili, que se impartirán entre o 7 e o 21 de setembro, alcanzaron os 150 estudantes provenientes de fóra de Cataluña, o que supón unha cifra récord respecto á edición do ano pasado.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Deputación de Pontevedra repartirá 126 000 euros en axudas entre un total de 57 entidades culturais da provincia para promover, fomentar e difundir actividades de dinamización da lingua galega durante o exercicio 2023.
O Goberno de Corea do Sur confeccionou un plan para mellorar as infraestruturas e redes globais para o ensino e a aprendizaxe do coreano que prevé aumentar a 350 o número de centros no estranxeiro do Instituto Rey Sejong.
Fonte: Yonhap
Segundo o Informe do Observatorio das Discriminacións en Barcelona correspondente ao ano 2022, falar en catalán sitúase como cuarto motivo de discriminación nesta cidade.
Fonte: DBalears
Entre os meses de agosto e decembro impartiranse clases presenciais de éuscaro neste centro bonaerense, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar o coñecemento desta lingua nas comunidades da diáspora.
Fonte: Euskalkultura
A Feira Internacional do Libro da Paz acolleu a presentación da tradución ao aimará do clásico de Antoine de Saint-Exupéry O Principiño, cuxo título nesta lingua é Warawar wawa.
Fonte: Infobae
A Xunta acaba de convocar por un importe total de 261 360 € un total de 11 bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
A Xunta destina 200 000 euros á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios este 2023. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia, que acaba de publicar a resolución pola que se conceden estas subvencións aos 85 proxectos editoriais seleccionados.
O Pleno de Beasain denuncia a sentenza do Tribunal Constitucional contra a Lei municipal de 2016 que lles permite aos concellos expresarse integramente en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
O posto que ten na Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA) a entidade Iniciativa polo Asturiano evidencia o incremento do número de empresas de diferentes sectores que prestan os seus servizos e produtos en lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín



