Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de maio de 2023

    A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) estreou a webserie O gran reto, na que tres persoas castelanfalantes teñen que superar o desafío de vivir 21 días en galego e relatar a súa experiencia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de maio de 2023

    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou o papel que exercen as radios escolares dos centros educativos como “espazos para a mellora das competencias lingüísticas e de expresión oral do alumnado”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de maio de 2023

    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiron con vinte mozos e mozas pertencentes ao Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por Galicia.

    23 de maio de 2023

    O Goberno do Quebec quere crear unha excepción no que respecta á súa nova Lei da lingua francesa (Lei 96) e exonerar os pobos orixinarios do Canadá da súa aplicación.

    Fonte: CBC

    23 de maio de 2023

    O reitor da Universidade Tecnolóxica de Chipre, Panagiotis Zafiris, anunciou que, a partir do próximo curso, novos estudos conducentes ao grao serán ofertados en lingua inglesa.

    Fonte: Cyprus Mail

    23 de maio de 2023

    A Dirección Xeral de Política Lingüística comezou coa convocatoria para obter certificados de coñecementos de lingua catalá coa proba escrita do nivel B2, á que se presentaron 1700 persoas.

    Fonte: La Vanguardia

    23 de maio de 2023

    Asunción Gómez-Pérez, experta en intelixencia artificial e linguaxe ingresou na Real Academia Española para ocupar a cadeira q. A nova académica sinalou no seu discurso os retos que afectarán ao uso do español no mundo dixital e a necesidade de que a RAE poña a disposición da intelixencia artificial os seus materiais. 

    23 de maio de 2023

    A Facultade de Ciencias convoca o concurso de vídeos ‘Petiscos de ciencia’ que ten como obxectivo achegar a actividade científica á mocidade, ademais de favorecer a divulgación dos contidos  científicos en galego.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    22 de maio de 2023

    O presidente do Brasil, Lula da Silva, reafirmou o seu compromiso para que o portugués se converta en lingua oficial da Organización das Nacións Unidas e anunciou que vai emprender unha campaña para conseguir tal fin.

    Fonte: VOA

    22 de maio de 2023

    A empresa que xestiona o transporte marítimo de pasaxeiros de Escocia, Caledonian Maritime Assets Ltd (CMAL, polas súas siglas en inglés), anunciou que os seus barcos e portos contarán con nomes en gaélico escocés e sinais bilingües co fin de promover a lingua.

    Fonte: The National 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder