Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de setembro de 2023

    A Xunta de Galicia publicou o regulamento do Plan Proxecta+ destinado aos centros educativos, ao abeiro do que se organizarán varios programas relacionados directamente coa promoción da lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de setembro de 2023

    Os Premios Rosalía de Castro de Lingua, que convoca a Deputación da Coruña, recoñeceron na edición deste ano o labor de catro propostas pola súa promoción e dignificación social do galego.

    Fonte: Nós Diario

    22 de setembro de 2023

    Segundo unha enquisa, a oficialidade do catalán en Europa xera un amplo consenso na sociedade catalá, pois os datos mostran que un 70 % das persoas enquisadas está a favor desta posibilidade.

    Fonte: El Diario

    22 de setembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos. O evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega, reuniu preto dun cento de persoas do sector da toponimia e da cartografía para tratar a estreita relación existente entre os nomes xeográficos e o mundo dixital.

    21 de setembro de 2023

    O proxecto Eskuara, creado no marco do programa Lanabes, ten como obxectivo incrementar o uso do éuscaro nas empresas arabesas de máis de 50 traballadores/as e favorecer a igualdade lingüística.

    Fonte: Gobierno Vasco

    21 de setembro de 2023

    Nesta 25.ª edición porase o foco no ámbito socioeconómico, con debates sobre o uso do galego no eido empresarial como sinal de calidade, proximidade e sustentabilidade, ou os dereitos dos usuarios/as e os consumidores/as.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de setembro de 2023

    Medio centenar de personalidades galegas de diferentes ámbitos asinaron o manifesto «Queremos galego tamén non Congreso» co que defenden o uso do galego na Cámara Baixa.

    Fonte: Galicia Confidencial

    20 de setembro de 2023

    A illa escocesa de Tiree é un dos últimos redutos de falantes nativos de gaélico escocés. Unha asociación contratará dúas persoas que velarán pola promoción e protección da lingua vernácula para garantir o seu futuro entre as novas xeracións.

    Fonte: The National

    20 de setembro de 2023

    Un sindicato de profesorado alertou que Finlandia debe reforzar a instrución en finés para que os menores refuxiados procedentes de Ucraína poidan integrarse con maior facilidade.

    Fonte: YLE

    20 de setembro de 2023

    A ampla oferta formativa para a mellora da formación da comunidade universitaria no que respecta á lingua galega inclúe sete cursos que abordan diferentes aspectos relacionados con este idioma.

    Fonte: Universidade de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder