Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de outubro de 2023

    Un acordo entre o Goberno de Gales e o partido Plaid Cymru permitirá a creación do programa Sinema Cymru co que se pretende dar un importante pulo ao cinema en lingua galesa.

    Fonte: Llywodraeth Cymru / Welsh Government

    03 de outubro de 2023

    A futura ministra de Educación de Kirguizistán, Dogdurkul Kendirbaeva, anunciou que fortalecerá o ensino da lingua kirguiz nas escolas e incrementará o número de centros que teñen este idioma como lingua de instrución.

    Fonte: AKIpress

    03 de outubro de 2023

    Neste novo foro de colaboración estase a traballar nas propostas incluídas no II Plan estratéxico do éuscaro e algunhas empresas van poñer en marcha iniciativas para o fomento desta lingua.

    Fonte: Pasaiako Udala

    03 de outubro de 2023

    Estase a realizar unha valoración das estratexias e as iniciativas levadas a cabo nas últimas décadas de fomento do éuscaro nos principais sectores da comarca para avanzar na normalización lingüística das relacións comerciais no espazo urbano.

    Fonte: Lezoko Udala

    03 de outubro de 2023

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, unha nova edición destes galardóns destinados a proxectos de posta en valor e fomento do galego.

    Fonte: Premios Mil Primaveras

    03 de outubro de 2023

    Seara, Discover Galician literature through its texts, é un espazo web que ofrece unha selección de textos galegos na súa versión orixinal acompañados da súa tradución ao inglés.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de outubro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa na que se anunciaron os detalles da Gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas que, coa colaboración da Xunta, reunirá o vindeiro martes 10 de outubro no Auditorio de Galicia os galardoados e galardoadas nesta oitava edición.

    02 de outubro de 2023

    Con motivo do Día Internacional da Tradución, o Instituto Goethe presentou na cidade de São Paulo un portal de literatura de lingua alemá traducida ao portugués.

    Fonte: Publish News

    02 de outubro de 2023

    A Federación Internacional de Tradutores/as conmemora, como cada 30 de setembro, o Día Internacional da Tradución que tenta honrar este importante labor que realizan profesionais lingüistas en todo o mundo.

    Fonte: Adda247

    02 de outubro de 2023

    A Radiotelevisión do Principado de Asturias (RTPA) renovou a imaxe da súa páxina web e das redes sociais, un troco que, porén, non implicou unha maior visibilidade do asturiano. Este feito levou a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana a reclamar un cambio na dirección do ente.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder