A Academia Sueca concédelle o galardón do Premio Nobel de Literatura ao escritor e dramaturgo noruegués Jon Fosse pola súa prosa innovadora e porque deu voz ao que non se pode dicir.
Fonte: The Guardian
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Academia Sueca concédelle o galardón do Premio Nobel de Literatura ao escritor e dramaturgo noruegués Jon Fosse pola súa prosa innovadora e porque deu voz ao que non se pode dicir.
Fonte: The Guardian
O programa do Reguerada Fest, o festival para a promoción da cultura e o emprendemento en asturiano, inclúe máis de 30 actividades gratuítas, todas co asturiano como lingua vehicular.
Fonte: Nortes
A exposición “Áreas lingüística de Aragón y del aragonés”, inaugurada co gallo do inicio do Diploma de Filoloxía Aragonesa, mostra 58 mapas lingüísticos na Facultade de Educación.
Fonte: Diario del Alto Aragón
No acto de presentación do colectivo Brincarmos, que nace coa intención de favorecer o uso do galego na infancia, celebrarase o primeiro Día da Crianza Galegofalante e haberá un programa de actividades para as familias.
Fonte: Culturagalega.org
A cidade portuguesa de Coímbra acollerá a Casa da Cidadanía da Lingua que creará un observatorio de liberdade de expresión dos países de lingua portuguesa. A iniciativa nace dun acordo entre Asociación Portugal Brasil 200 anos (APBRA) e o Municipio de Coímbra.
Fonte: Mundo Lusíada
O Consello da Lingua Dinamarquesa renovou o seu dicionario ortográfico co obxectivo de ofrecer un texto máis inclusivo e libre de estereotipos de xénero.
Fonte: The Guardian
Será a través do Instituto de Estudos Baleáricos, que se encargará de poñer en marcha un plan formativo para que o persoal sanitario mellore o seu coñecemento da lingua catalá.
Fonte: Mallorca Diario
O servizo Dualia está operativo para os departamentos municipais de atención cidadá que o precisen, grazas ao que as persoas usuarias poderán recibir información en máis de 90 linguas.
Fonte: Ajuntament de Finestrat
A profesora emérita convértese así na primeira muller en recibir este galardón nun acto que se celebrou no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.
No marco do proxecto Falamos primaria, o espectáculo «Mil maxias máis», dirixido ao alumnado de primaria dos centros coruñeses, ten como obxectivos galeguizar o sistema educativo, crear espazos de uso para o galego na escola e fomentar o seu uso a través do xogo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín