Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de outubro de 2023

    O castelo de Villers-Cotterêts, situado a 50 quilómetros de París, é o lugar escollido para inaugurar a Cidade Internacional da Lingua Francesa, un museo que celebra a historia e o futuro do idioma francés.

    Fonte: RFI

    25 de outubro de 2023

    A Axencia Rexional pola Lingua Friulana, co apoio da Rexión Autónoma Friúl-Venecia Xulia, apoia a iniciativa para distribuír en escolas primarias o libro Anìn, o primeiro manual para o ensino da lingua e cultura friulanas.

    Fonte: Telefriuli

    25 de outubro de 2023

    A editorial Ediciones Radagast acaba de sacar á venda a primeira tradución ao asturiano de H.P Lovecraft. Trátase da obra La Llamada de Cthulhu y otres hestories que inclúe nove dos relatos máis coñecidos do autor norteamericano.

    Fonte: Nortes

    25 de outubro de 2023

    Esta campaña publicitaria difundirase na vía pública e nos medios de comunicación de todos os Estados membro da UE para defender a oficialidade do catalán nas institucións europeas.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    25 de outubro de 2023

    A celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia ten como obxectivo impulsar o uso do galego no ámbito dos ritos funerarios e das últimas vontades. O acto conmemorativo levarase a cabo no cemiterio de Amoedo (Pazos de Borbén) o 28 de outubro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    25 de outubro de 2023

    A XXVII edición do Premio San Clemente de Novela, convocado polo Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, xa ten gañadores. Na modalidade de novela en galego, fíxose co galardón a escritora de Carnota Sica Romero pola obra Avelaíñas eléctricas.

    24 de outubro de 2023

    O xurado do Premio Otero Pedrayo, impulsado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, vén de decidir o galardón deste 2023 a favor de Darío Villanueva, polos seus “méritos no académico, na investigación e na actividade profesional como crítico literario e escritor, así como no institucional”.

    24 de outubro de 2023

    Maïder Béhotéguy, conselleira do Cantón Nive-Adour e alcaldesa do municipio de Bardos, foi nomeada presidenta da Oficina Pública da Lingua Vasca (OPLB), a primeira muller na historia da institución que traballa a prol do éuscaro en Iparralde.

    Fonte: Mediabask

    24 de outubro de 2023

    O presidente da Asemblea da República portuguesa, Augusto Santos Silva, apoia a proposta de Timor Leste de converter o portugués en lingua de traballo da organización internacional dos parlamentos, a Unión Interparlamentaria (UIP).

    Fonte: SAPO

    24 de outubro de 2023

    Este documento, que se lle entregou á Acadèmica Valenciana de la Llengua (AVL) para que elabore un informe, contén os novos criterios que a Generalitat quere implantar para o uso do valenciano na Administración.

    Fonte: El País

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder