O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar a oferta de linguas para o novo curso académico. Alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués no Campus de Santiago e alemán, francés e inglés, no Campus de Lugo, serán as linguas ofertadas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un informe publicado polo Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias do Consello de Europa revela que Serbia conseguiu mellorar a situación das súas linguas minorizadas malia que aínda sexan precisos máis esforzos para garantir o seu uso en educación, medios de comunicación e vida pública.
Fonte: Council of Europe
O Goberno de España aprobou en Consello de Ministros o regulamento das condicións de uso da lingua de signos española e dos medios de apoio á comunicación oral para persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.
Fonte: Europa Press
O primeiro ministro de Gales e a líder do Consello de Cornualles asinaron un acordo de entendemento para potenciar a colaboración en materia lingüística, entre outros ámbitos de interese.
Fonte: Business Cornwall
Os diferentes concellos que integran a comarca de Oarsoaldea, na provincia de Guipúscoa, organizaron un sorteo para premiar as persoas que realizaron a declaración da renda en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
O Consello da Cultura Galega participará na Mostra Internacional do Teatro de Ribadavia coa presentación dun avance do proxecto audiovisual A memoria do teatro galego na Transición que está a realizar coa Academia Galega de Teatro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A directora de Nós Diario participou nos XXXIII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” cun relatorio sobre os medios de comunicación e o idioma do país. María Obelleiro ofreceu un percorrido pola historia do xornalismo en galego e reflexionou sobre os atrancos que limitan a presenza da nosa lingua no ecosistema mediático.
Fonte: Real Academia Galega
Un informe publicado polo Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias do Consello de Europa revela que Austria fixo avances positivos na protección e promoción das súas linguas minoritarias mais debe seguir traballando porque aínda quedan aspectos sen tratar.
Fonte: Council of Europe
A minoría étnica de fala alemá de Polonia lanzou unha campaña para que o Goberno polaco garanta o ensino en lingua alemá despois dos recortes que fixo no pasado.
Fonte: Notes from Poland
Un estudo publicado en PLoS Biology revelou que as persoas investigadoras que non teñen o inglés como lingua materna destinan o dobre de tempo a ler, redactar e presentar datos nesta lingua.
Fonte: Nature
Boletín
Subscríbase ao boletín

