As xornadas Relig, que se desenvolven os días 7 e 8 de novembro, buscan impulsar o uso do catalán no ámbito relixioso como lingua de diálogo entre as relixións e como elemento de cohesión social.
Fonte: Siglo XXI
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As xornadas Relig, que se desenvolven os días 7 e 8 de novembro, buscan impulsar o uso do catalán no ámbito relixioso como lingua de diálogo entre as relixións e como elemento de cohesión social.
Fonte: Siglo XXI
A Universidade de Aberystwyth, no centro de Gales, anunciou os premios de lingua galesa cos que a institución quere promover o uso do galés na vida universitaria.
Fonte: Cambrian News
Estas axudas, ás que se destinarán 30 000 euros, servirán para financiar actividades culturais en éuscaro fóra do horario lectivo nos centros de infantil, primaria e secundaria.
Fonte: Gobierno de Navarra
Segundo un estudo, a porcentaxe do alumnado de cuarto de ESO que sinala o catalán como a súa lingua de identificación é do 25,4 %, once puntos menos que en 2006.
Fonte: La Vanguardia
María Xosé Silvar, Sés, recibirá o vindeiro 18 de novembro o XXI Premio Ramón Piñeiro Facer País que entrega a Asociación Val de Láncara como recoñecemento ao traballo a prol da lingua e da cultura galegas.
Fonte: CuturaGalega
O presidente francés Emmanuel Macron inaugurou na localidade de Villers-Cotterêts a Cidade Internacional da Lingua Francesa, o primeiro proxecto dedicado á lingua francesa no mundo.
Fonte: The Local
A iniciativa #farmatermos ten como obxectivo difundir a través das redes sociais a terminoloxía farmacéutica de uso máis común en galego. Cada semana divulgarase unha imaxe cun termo farmacéutico, acompañado dunha ligazón ao bUSCatermos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un estudo elaborado polo Centro de Análises de Contido revelou que o uso do ucraíno en redes sociais vai aumentando ano tras ano en Ucraína.
Fonte: The Kyiv Independent
O informe Actitudes de la población de origen extranjero hacia el euskera, elaborado pola Fundación Begirune, conclúe que case un 85 % das persoas de orixe estranxeira non sabe nada de éuscaro; un 10 % ten nocións básicas; e un 5 % conta cun coñecemento medio ou alto desta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O ciclo cultural en éuscaro Gora Gora Fest 2023 levará, entre o 3 de novembro e o 10 de decembro, a máis de medio cento de localidades navarras espectáculos de maxia, teatro, monólogos, obradoiros de reciclaxe de roupa e sesións de conto teatralizadas.
Subscríbase ao boletín