A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, Alingua, presentou o seu Catálogo de referentes, que recolle figuras destacadas de diferentes ámbitos sociais e culturais que desenvolven a súa actividade en galego.
Fonte: El Correo Gallego
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, Alingua, presentou o seu Catálogo de referentes, que recolle figuras destacadas de diferentes ámbitos sociais e culturais que desenvolven a súa actividade en galego.
Fonte: El Correo Gallego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade á escritora coruñesa Adelaida Vidal, premiada polo libro E que vai ser?.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Brasil conmemora o seu Día Nacional da Lingua Portuguesa, data que celebra desde o ano 2006 a importancia que o portugués tivo na formación da nación brasileira.
Fonte: Rádio Senado
Un estudo elaborado polo Instituto Leibniz para a Lingua Alemá (IDS, polas súas siglas en alemán) revelou que as linguas que son faladas por un maior número de persoas adoitan ser máis difíciles para os algoritmos da intelixencia artificial que aquelas que pertencen a unha comunidade lingüística máis pequena.
Fonte: Techxplore
O primeiro premio Bostekoa Saria será para o adestrador de Osasuna, Jagoba Arrasate, pola súa defensa e uso do éuscaro, de quen se destaca que utiliza esta lingua nas roldas de prensa, celebracións e actividade diaria nos adestramentos.
Fonte: Noticias de Navarra
Francisco José Prieto, novo arcebispo de Santiago de Compostela, visitou a sede da Real Academia Galega, onde se reuniu con varios dos seus membros para abordar a importancia da Igrexa como axente normalizador do galego.
Fonte: Real Academia Galega
Bilbao actualizará en 2024 o seu plan de normalización do uso do éuscaro para alcanzar unha Administración bilingüe; ampliará as axudas para a aprendizaxe desta lingua; desenvolverá novas campañas; e fortalecerá o grupo de tradutores e intérpretes.
Fonte: Deia
«Comunica en galego» é o título desta xornada cuxo obxectivo era darlles visibilidade aos creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais.
Fonte: Universidade de Vigo
O Goberno de Portugal lanzará o novo programa de Portugués Lingua de Acollemento (PLA, polas súas siglas en portugués) que incluirá cursos de lingua portuguesa para persoas migrantes cuxo idioma materno non sexa o portugués.
Fonte: CNN Portugal
A cidade francesa de Perpiñán acolleu unha manifestación para reivindicar os dereitos lingüísticos dos falantes de catalán da Cataluña do Norte.
Fonte: El Món
Subscríbase ao boletín