O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no CEIP de Vite na presentación do novo libro dos Bolechas, a guía Familias monoparentais, impulsada pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) e editado por Bolanda co apoio da Xunta de Galicia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Estes 41 clubs de Getxo asinarán un dos convenios do proxecto Gehitu Kirolak co obxectivo de aumentar o uso do éuscaro nas asociacións e actividades deportivas.
Fonte: El Correo
A iniciativa Audiogile Berriak ten como obxectivo impulsar a ficción sonora en éuscaro mediante unha convocatoria que servirá para escoller tres proxectos que se converterán en guións e que recibirán 2000 euros para o seu desenvolvemento.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acollerá un hackatón para incorporar novos contidos á versión en galego do Wiktionary, o dicionario multilingüe da Fundación Wikimedia. Esta actividade contará coa participación de quince alumnos e alumnas procedentes de Portugal, Armenia, Alemaña, Ucraína, Nixeria ou Costa de Marfil.
Os I Premios Foro do Bo Burgo, promovidos polo Concello de Castro Caldelas e mais a Unidade Parroquial do Burgo, teñen como obxectivo recoñecer a persoas físicas e xurídicas que destacan polo seu labor de fomento do galego, así como conmemorar o 795 aniversario do documento Foro do bo burgo de Castro Caldelas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Co obxectivo de promover o respecto dos dereitos das persoas xordas, Portugal celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa.
Fonte: Antena 1
O deputado do Plaid Cymru, Llyr Gruffydd, denunciou na Asemblea de Gales que o banco británico HSBC cancelou a liña de atención telefónica en galés deixando sen este servizo á comunidade de lingua galesa do País de Gales.
Fonte: Nation Cymru
Este convenio de colaboración ten por obxectivo que se volvan publicar determinadas normas estatais en catalán no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Fonte: El Món
HEKIMEN-Euskal Hedabideen Elkartea recibirá en 2023 unha axuda directa de 30 000 euros para desenvolver proxectos piloto que promovan a transformación dixital nos medios de comunicación en éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
A Xunta conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia colaborando un ano máis cos Premios de podcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", convocados en colaboración co Instituto Rosalía de Castro e Arraianos Producións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín




