Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de novembro de 2023

    O volume Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión analiza como inflúe o xénero no uso e na transmisión do galego, unha cuestión á que, ata o momento, non se lle prestara moita atención dende a sociolingüística.

    Fonte: Real Academia Galega

    15 de novembro de 2023

    O IV Certame Galetiktokers, organizado polo Concello de Ames, premiou seis vídeos, dos 51 presentados a esta edición, en dúas categorías: 13-16 anos e máis de 17. O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creación de audiovisuais en galego e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.

    Fonte: Concello de Ames

    14 de novembro de 2023

    Unha muller de orixe francesa abre unha escola infantil en Cornualles onde o alumnado aprende a falar córnico por medio da inmersión nesta lingua.

    Fonte: BBC 

    14 de novembro de 2023

    Unha petición presentada no Parlamento de Gales aposta polo uso exclusivo das formas en lingua galesa para aqueles topónimos en que o termo correspondente en inglés sexa semellante.

    Fonte: BBC

    14 de novembro de 2023

    Estas mensaxes informativas teñen como obxectivo lembrarlle á cidadanía o dereito a escoller a lingua coa que desexen declarar nos xuízos.

    Fonte: La Vanguardia

    14 de novembro de 2023

    Trátase do primeiro dicionario panhispánico de termos médicos, que inclúe un total de 70 000 palabras e que contou coa participación das academias de trece países.

    Fonte: Infobae

    14 de novembro de 2023

    A Mesa pola Normalización Lingüística promove unha carta aberta, dirixida aos Estados membros, para solicitarlles que voten afirmativamente para que o galego sexa considerado lingua oficial das institucións comunitarias.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de novembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos. Estudo introdutorio e edición facsimilar, publicado pola Xunta de Galicia no marco da conmemoración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

    13 de novembro de 2023

    A Oficina Rexional Multisectorial da Unesco en Beirut está a levar a cabo consultas para aprobar un plan de acción que terá como obxectivo a promoción da lingua árabe nos países arabófonos.

    Fonte: Unesco

    13 de novembro de 2023

    O Goberno de Macau anunciou a aprobación dun programa que ten como obxectivo incentivar a contratación de profesionais da tradución chinés-portugués e do ensino da lingua portuguesa.

    Fonte: Diário de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder