Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de novembro de 2023

    O concurso de creatividade audiovisual Arnasetik recibiu un total de 112 traballos sobre temas relacionados co éuscaro elaborados por mozas e mozos de entre 10 e 16 anos.

    Fonte: Gobierno Vasco

    22 de novembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da guía Rutas polo pasado xudeu de Galicia, elaborada por María Gloria de Antonio Rubio, axudante de investigación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2023

    O municipio portugués de Matosinhos, na área metropolitana do Porto, ofrece un servizo gratuíto de interpretación en lingua de signos co obxectivo de garantir a integración social de todas as persoas xordas.

    Fonte: CM Matosinhos

    21 de novembro de 2023

    O Goberno de Eslovenia incrementará os requisitos lingüísticos en lingua eslovena para os cónxuxes estranxeiros que queiran solicitar reunificación familiar.

    Fonte: Schengen Visa

    21 de novembro de 2023

    O Goberno sinala como única forma válida e oficial dos topónimos a galega que, polo tanto, é a que debe ser utilizada.

    Fonte: Galicia Confidencial

    21 de novembro de 2023

    Os premios a curtas de animación en galego «Nós tamén creamos!» están dirixidos ao alumnado de Educación Infantil e Primaria e organízase en catro categorías con cadanseu premio.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de novembro de 2023

    Do 23 ao 29 de novembro celébrase o X Viquimarató de la Llengua Catalana, que estará dedicado ao vocabulario deportivo e no que poderán participar persoas e entidades dos territorios de fala catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de novembro de 2023

    A Universidade do País Vasco presentou un informe sobre a situación e a evolución do éuscaro na institución. Neste estudo conclúese que o 54 % do alumnado está matriculado en éuscaro e o 66 % do persoal docente e investigador é bilingüe.

    Fonte: Onda Vasca

    20 de novembro de 2023

    Estímase que a medida aprobada no Goberno de Estonia, que obriga as escolas a ofreceren dúas ou máis linguas estranxeiras nos seus plans educativos, acabará por provocar unha redución na demanda de profesorado de ruso. O estudo desta lingua eslava xa se reduciu nalgúns centros de ensino estonianos este curso académico.

    Fonte: ERR 

    20 de novembro de 2023

    A artista baiana Xenia França gañou o Grammy Latino 2023 polo seu mellor álbum pop en lingua portuguesa. A gala de entrega de premios aconteceu na cidade española de Sevilla.

    Fonte: G1 Globo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder