Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de novembro de 2023

    A Unesco acordou na súa Conferencia Xeral celebrada en París que a lingua indonesia sexa recoñecida como décimo idioma oficial do organismo das Nacións Unidas. 

    Fonte: Asia News

    27 de novembro de 2023

    O  maratón 100 ahots baietz! celébrase o sábado 2 de decembro para ensinarlles éuscaro ás novas tecnoloxías, e poder empregar esta lingua nos móbiles, ordenadores e outras ferramentas.   

    Fonte: Tolosako Udala

    27 de novembro de 2023

    Este dicionario, impulsado polo Goberno vasco, Danobatgroup e Elhuyar, componse de 3600 entradas en éuscaro, castelán e inglés relativas a termos e definicións do ámbito dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.  

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    27 de novembro de 2023

    A Real Academia Galega e a Fundación Barrié organizan un ano máis esta iniciativa para a difusión do léxico galego que comeza cunha primeira fase de escolla de suxestións que finaliza o 10 de decembro.

    Fonte: Real Academia Galega

    24 de novembro de 2023

    O comisario de Educación e Lingua Galesa, Jeremy Miles e outros membros do Parlamento do País de Gales mostraron a súa preocupación pola perda de falantes de galés e reiteraron o seu apoio por conseguir acadar o millón de falantes antes de 2050.

    Fonte: South Wales Argus

    24 de novembro de 2023

    O Executivo vasco presentou xa os escritos de preparación dos recursos de casación contra as sentenzas que anularon varios artigos do decreto sobre normalización do éuscaro nos concellos.

    Fonte: EITB

    24 de novembro de 2023

    Ata o 4 de decembro estará aberto o prazo para unha nova liña de axudas, que conta cunha dotación dun millón de euros, dirixida a proxectos de produción teatral de espectáculos de musicais de gran formato en catalán ou occitano.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    24 de novembro de 2023

    O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ao IES O Ribeiro para ser testemuña do desenvolvemento do Obradoiro de Ilustración Científica, a cargo do acuarelista coruñés José Arcas, que se leva a cabo neste centro educativo coa colaboración co Club de Ciencias.

    24 de novembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación da XI edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia que achegará durante as festas seis propostas de ocio en galego a 41 concellos e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

    24 de novembro de 2023

    A Unión das Cidades Capitais Iberoamericanas, integrada por 29 cidades dos países ibéricos, de América Latina e o Caribe, terá o portugués como lingua de traballo durante o ano 2024.

    Fonte: Observador

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder