A XXIV edición dos Premios Manuel Beiras, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio, ten como lema «En galego, naturalmente», un slogan cuxo obxectivo é poñer en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As universidades de Vic e de Barcelona porán en marcha entre 2024 e 2026 un programa de investigación para incrementar o uso do catalán dentro e fóra da aula nas etapas de Infantil, Primaria e Secundaria de 16 centros educativos da Área Metropolitana de Barcelona.
Trátase da actualización 23.7 do dicionario, que incorpora novos termos, novas acepcións e emendas de entradas xa existentes e supresións. Porén, a principal novidade é a inclusión por primeira vez da consulta de sinónimos e antónimos.
Fonte: Real Academia Española
A campaña «O galego suma no comercio» buscaba unha marca de identidade característica para o conxunto dos negocios de proximidade e animaba a usar o galego nos rótulos, carteis, webs e redes sociais dos establecementos comerciais.
Fonte: Nós Diario
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Mallorca na VII Xornada de Dinamización Lingüística, organizada polo Institut d’Estudis Baleàrics como un punto de encontro para a reflexión e o debate arredor do uso social da lingua.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Comisión de Orzamentos e Finanzas do Goberno de Portugal aprobou a creación dunha unidade orgánica que garanta a promoción da lingua mirandesa cunha dotación de 200 mil euros.
Fonte: TSF
O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) actualizou a versión en liña do seu dicionario coa inclusión de trinta novos artigos e 278 modificacións e ampliacións doutras entradas.
Fonte: La Vanguardia
Baixo o lema «Sí a la llengua», a Obra Cultural Balear (OCB) presenta en Calvià a súa nova campaña para defender o catalán e o seu uso en todos os ámbitos.
Fonte: Ara Balears
A Universidade de Santiago convoca estas axudas, cuxo importe é de 3000 euros, co obxectivo de que o galego se converta nunha lingua de uso normal na redacción e defensa das teses de doutoramento.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O primeiro ministro de Ucraína, Denys Shmyhal, anunciou que o goberno aprobará unha nova lei para a mellora dos dereitos das minorías lingüísticas que viven en territorio ucraíno.
Fonte: Daily News Hungary
Boletín
Subscríbase ao boletín




