Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de decembro de 2023

    Un estudo elaborado polo British Council revela que só un 20 % do alumnado británico do primeiro ano do ensino secundario ten pensado estudar linguas estranxeiras ao longo da etapa educativa.

    Fonte: BBC

    04 de decembro de 2023

    A Universidade de Coímbra e a Universidade Politécnica de Macau asinan un acordo estratéxico de cooperación para promocionar o coñecemento tecnolóxico e a proxección da lingua portuguesa.

    Fonte: SAPO

    04 de decembro de 2023

    O Servizo Vasco de Saúde-Osakidetza multiplicou en vinte anos por sete a porcentaxe de profesionais que cumpren o perfil lingüístico da súa praza, ao pasar do 7,6 % ao 51 %.

    Fonte: Gobierno Vasco

    04 de decembro de 2023

    A Dirección Xeral de Acción Cultural e Normalización Lingüística conta cun orzamento de 14 340 276 euros, dos que 100 000 se destinarán, como novidade, á produción audiovisual ou a un novo premio de guión en asturiano ou galego-asturiano.

    Fonte: Asturies.com

    04 de decembro de 2023

    A celebración do Día Internacional do Éuscaro o 3 de decembro estivo centrada este ano nos retos no ámbito dixital e no fito que supón, neste sentido, a campaña GAITU para a captación de voces para que as tecnoloxías falen este idioma.  

    04 de decembro de 2023

    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou a 16ª edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra coa ollada posta na captación de públicos e no avance dos fitos culturais que protagonizarán o 2024 na nosa Comunidade.

    04 de decembro de 2023

    A Axencia para a Integración, Migracións e Asilo (AIMA) de Portugal presentará un plan de acción para promover a aprendizaxe do portugués por parte das persoas migrantes.

    Fonte: Diário de Notícias

    01 de decembro de 2023

    Ante a escaseza de material en liña para nais e pais que non falen galés, unha nai galesa de Swansea creou un sitio web con contidos en galés para que as familias poidan axudar os seus fillos e fillas coa aprendizaxe do idioma. 

    Fonte: BBC

    01 de decembro de 2023

    O presidente da Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas manifestou a súa satisfacción pola aprobación da iniciativa parlamentaria que creará un organismo para a promoción do mirandés, a segunda lingua oficial de Portugal.

    Fonte: Mensageiro de Bragança 

    01 de decembro de 2023

    O Goberno do País de Gales está tomando importantes medidas para que o galés xogue un papel fundamental na integración das persoas migrantes na sociedade galesa.

    Fonte: The Conversation 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder