Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de decembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da terceira edición do certame Novos Poliedros, convocado co gallo do Mes da Ciencia en Galego por Igaciencia -Institución Galega da Ciencia- coa colaboración da Xunta de Galicia para promover entre a mocidade a innovación científica en lingua galega.

    11 de decembro de 2023

    Un informe do Instituto de Estatística e Estudos Económicos do Gran Ducado de Luxemburgo (Statec) publicou un informe que revela que o luxemburgués é a segunda lingua materna máis falada en Luxemburgo, seguida do luxemburgués.

    Fonte: Contacto

    11 de decembro de 2023

    Os diferentes desencontros entre Francia e Burkina Faso están propiciando que o país africano estea a incentivar a aprobación dun proxecto que avoga pola eliminación do francés como lingua oficial.

    Fonte: La Opinión Austral

    11 de decembro de 2023

    Representantes do Goberno de Australia visitan o País Vasco do 11 ao 15 de decembro para coñecer IZO, o Sistema Oficial de Tradutores para a tradución e a interpretación do éuscaro e ao éuscaro da Administración.

    Fonte: Gobierno Vasco

    11 de decembro de 2023

    O Concello de Almassora enviou preto de 2500 cartas en valenciano para que o alumnado dos centros de ensino poida escribirlles aos Reis Magos e, posteriormente, depositalas nas caixas de correo repartidas pola localidade.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    11 de decembro de 2023

    A proximidade das festas de Nadal favorece a chegada ao mercado de xogos de mesa en galego. Neste 2023 súmanse á oferta dispoñible Sálvora de Brazolinda Xogo, Galiza no tempo de OzocoGZ e Invisibilizadas da cooperativa Atalaias.

    Fonte: Culturagalega

    11 de decembro de 2023

    O distintivo de galeguización Gal Ego, impulsado pola Universidade de Vigo, foi este ano para a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas desta institución.    

    Fonte: Universidade de Vigo

    08 de decembro de 2023

    O último informe do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Comunitarias do Consello de Europea alerta que, a pesar dos avances, as autoridades dos diferentes cantóns deben facer máis por promocionar o uso de linguas como o italiano e o romanche na vida pública.

    Fonte: Council of Europe

    08 de decembro de 2023

    Unha iniciativa entre o Museo do Fado de Alfama, Lisboa, e a empresa Access Lab, interpretará fados en lingua de signos para promover o acceso das persoas xordas á cultura.

    Fonte: A Mensagem de Lisboa

    07 de decembro de 2023

    Toda a colección de Esenciais, impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela, está dispoñible en liña de xeito gratuíto. Está composta por 55 recursos de apoio didáctico en galego que conteñen a parte máis significativa dunha materia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder