Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de decembro de 2023

    O director do Instituto Cervantes mostrouse partidario de ofertar cursos de lingua asturiana nos centros que a institución ten distribuídos por todo o mundo, posto que unha das súas obrigas é a difusión das linguas do Estado español.  

    Fonte: El Comercio

    19 de decembro de 2023

    Héctor Carré, co seu traballo Sinais, fíxose con este galardón que convoca a Asociación Sindical Galega de Guionistas e polo que recibirá 2000 euros.

    Fonte: Culturagalega

    18 de decembro de 2023

    Xa se coñecen as dez palabras que este ano se disputarán o concurso á Palabra do Ano 2023 da editorial Porto Editora.

    Fonte: Público

    18 de decembro de 2023

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicaron a convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística destinada a centros educativos de titularidade pública.

    18 de decembro de 2023

    O Concello de Hernani presentou o Plan de éuscaro 2023-2027 co obxectivo de continuar coa normalización desta lingua no municipio e no que destaca a creación do Consello do Éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    18 de decembro de 2023

    A convocatoria de dúas novas liñas de subvencións, cunha dotación de 120 000 euros, destinarase a apoiar iniciativas de normalización do asturiano ou o eonaviego impulsadas por empresas ou por asociacións e fundacións.  

    Fonte: La Nueva España

    15 de decembro de 2023

    O Goberno do Quebec aprobará a subida das taxas universitarias para persoas procedentes doutras provincias canadenses e esixirá que todos os que estuden nas universidades quebequesas obteñan un certificado de nivel intermedio de francés antes de rematar os seus estudos.

    Fonte: BBC

    15 de decembro de 2023

    Un proxecto aprobado pola rexión italiana Friúl Venecia Xulia permitirá destinar 50 000 euros á dixitalización dos fondos en lingua friulana da biblioteca Vincenzo Joppi de Udine.

    Fuente: Friuli Oggi

    15 de decembro de 2023

    Dinamizaestrada, que agrupa todos os centros de primaria e secundaria da Estrada, convoca unha nova edición do concurso de microrrelatos e micropoemas en galego co obxectivo de fomentar entre o alumnado a creación literaria nesta lingua.

    Fonte: Faro de Vigo

    15 de decembro de 2023

    Esta convocatoria de subvencións está dirixida a entidades sen ánimo de lucro e que impulsen actividades de fomento do éuscaro en diferentes ámbitos sociais, como lecer, deporte, contidos dixitais, contorno laboral etc.  

    Fonte: Diputación Foral de Bizkaia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder