Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de xaneiro de 2024

    Estes xogos populares en galego, organizados no marco do Proxecto Apego, están dirixidos a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de xaneiro de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Mulleres medievais. Textos e imaxes na lírica galego-portuguesa, editado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

    26 de xaneiro de 2024

    A ministra de Educación de Estonia, Kristina Kallas, declarou que no país báltico hai 1802 profesores e profesoras que non contan con coñecementos de estoniano suficientes. Unha importante porcentaxe está xa a realizar cursos de capacitación para poder adaptarse aos novos requisitos legais que chegarán en setembro.

    Fonte: ERR

    25 de xaneiro de 2024

    Este concurso de microrrelatos organizado por ambas as entidades premiará nove historias dun máximo de 200 palabras, tres por cada unha das categorías. O seu obxectivo é contribuír a reforzar a presenza do galego e da identidade propia en internet.

    Fonte: Real Academia Galega

    25 de xaneiro de 2024

    Etxepare Euskal Institutua presentou esta nova ferramenta que busca a difusión internacional da literatura en éuscaro e o fomento da súa tradución a outras linguas a través dun portal con mostras literarias traducidas ao francés ou ao inglés.

    Fonte: Gobierno Vasco

    24 de xaneiro de 2024

    Arabia Saudita e Bangladesh están traballando para crear o Instituto da Lingua Árabe de Dacca co fin de que os migrantes bangladesís poidan formarse para traballar en Oriente Medio.

    Fonte: Arabnews

    24 de xaneiro de 2024

    O Proxecto de Lei 3690/10 está actualmente en análise na Cámara dos Deputados do Brasil e permitirá crear un programa de preservación, recuperación e transmisión das linguas indíxenas brasileiras que ademais pasarán a ser recoñecidas como bens de patrimonio inmaterial.

    Fonte: Câmara dos Deputados

    24 de xaneiro de 2024

    O Grupo de Investigación de Románicas analizou 471 textos de máis dun cento de trobadores para profundar nas estratexias de comunicación cifrada empregadas nas composicións galego-portuguesas nas que se declara o amor a mulleres nobres.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    24 de xaneiro de 2024

    O ministro de Cultura sinalou que incluirá o aragonés e o asturiano na programación do seu departamento e mostrou a súa vontade de difundir e protexer a diversidade cultural e lingüística de España.

    Fonte: La Voz de Asturias

    24 de xaneiro de 2024

    O éuscaro tivo unha presenza do 2,48 % nas salas de cine comerciais en 2023, o que significa que das 563 películas estreadas o pasado ano, só 14 se emitiron en versión orixinal en éuscaro, ou dobradas ou subtituladas nesta lingua.  

    Fonte: EITB

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder