Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de febreiro de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no CEIP da Ramallosa, en Teo, na clausura do programa de dinamización lingüística da Xunta «21 días co galego e +», que nesta VI edición, centrada por primeira vez en exclusiva nas etapas de Infantil e Primaria, volveu bater récord de participación con 4587 persoas voluntarias implicadas pertencentes a 10 centros educativos das catro provincias.

    07 de febreiro de 2024

    Como cada ano, a Xunta de Galicia conmemorará o Día de Rosalía o vindeiro 23 de febreiro colaborando cunha ampla programación cultural e gastronómica entre a que se inclúe, como novidade, unha campaña de promoción do libro en galego pola que se repartirán 20 000 escolmas da autora de Follas Novas.

    06 de febreiro de 2024

    O Goberno do País de Gales anunciou o lanzamento da campaña Cynllun Pontio que permitirá promover o retorno ás escolas do País de Gales de profesorado competente en lingua galesa.

    Fonte: Wales 247

    06 de febreiro de 2024

    O ministro de Educación de Marrocos, Chakib Benmoussa, quere reforzar o ensino da lingua tamazight (ou bérber) e revelou que para o ano 2029 todo o alumnado de primaria poderá aprender este idioma.

    Fonte: Morocco World News

    06 de febreiro de 2024

    A convocatoria desta nova liña de axudas para impulsar actuacións de fomento do catalán no ámbito empresarial ao longo do ano 2024 estará aberta ata o 21 de febreiro.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    06 de febreiro de 2024

    Os cursos de galego que oferta a Universidade de Vigo no segundo cuadrimestre, en modalidade virtual, son de iniciación á lingua galega para estudantes de intercambio, calidade lingüística no TFG ou TFM, erros frecuentes, nivel avanzado e especializados de linguaxe administrativa e xurídica e de escrita en internet.

    06 de febreiro de 2024

    O programa de axudas Zinema Euskaraz, cuxa convocatoria está aberta a novas solicitudes ata o 31 de decembro, cobre o 100 % dos gastos de dobraxe dos filmes ao éuscaro.

    Fonte: Cine y Tele

    06 de febreiro de 2024

    O proxecto Literarrúa consiste na selección por parte do alumnado de dous centros da localidade dos textos literarios que mellor lle acaian a cada lugar, pola súa toponimia ou historia, para, posteriormente, plasmalos nos diferentes espazos públicos escollidos.

    Fonte: Concello de Cedeira

    05 de febreiro de 2024

    O Goberno de Portugal creou o grupo de traballo que permitirá constituír o Instituto de Cultura e Lingua Mirandesas que contará cunha dotación anual de 200 000 euros para a promoción do segundo idioma oficial do país luso.

    Fonte: Canal N

    05 de febreiro de 2024

    O Departamento de Interior dos Estados Unidos de América publicou, con motivo da celebración do Mes da Lingua Hawaiana, unhas novas directrices que reforzarán a promoción da cultura e lingua hawaianas no arquipélago de Hawai.

    Fonte: Mirage News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder