O Consello Educativo dos Países Baixos declarou que as universidades deben ser as que determinen a súa lingua de instrución e non o goberno.
Fonte: Research Professional News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Consello Educativo dos Países Baixos declarou que as universidades deben ser as que determinen a súa lingua de instrución e non o goberno.
Fonte: Research Professional News
O Consello Municipal da cidade vascofrancesa de Baiona aprobou un programa de política lingüística a favor do éuscaro en toda o ámbito xeográfico da cidade.
Fonte: Sud Ouest
A mocidade de varias rexións francesas como Iparralde, Bretaña e Alsacia, entre outras, manifestáronse en París para reivindicar un estatuto real para as súas linguas rexionais.
Fonte: Mediabask
A iniciativa, que se desenvolve ao abeiro dos programas Berbontzi e MintzaOn, está dirixida a alumnado de primaria. O obxectivo é que nenos/as e adolescentes dispoñan de posibilidades de usar o éuscaro e relacionarse nesta lingua fóra do ámbito escolar.
Fonte: Tele 7
Os cursos AISA de acollida lingüística para persoas inmigrantes maiores de 16 anos teñen como obxectivo iniciarse na aprendizaxe do éuscaro. A súa duración é de 60 horas e son de balde.
Fonte: Durangon
O Consello da Cultura Galega presenta Papés d'emprenta condenada (III) Novos textos, reflexións finais, o terceiro volume dunha triloxía que trata o momento no que o galego superou o ámbito do popular e comezou a entrar na prensa, a política e a literatura.
Fonte: Culturagalega
O certame Ciencia Calidade, que chega á súa terceira edición, ten como obxectivos fomentar a divulgación en galego e contribuír á formación das persoas que apostan por esta lingua para divulgar ciencia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asistiron á cerimonia de entrega do XXVII Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente, impulsado polo IES Rosalía de Castro co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o ámbito lector entre a rapazada, así como a riqueza de coñecer varias linguas.
O presidente da Asociación de Medios en Galego (Amega) o secretario xeral de Política Lingüística presentaron as diferentes actividades para celebrar o XI aniversario do Día dos Medios en Galego: roteiros xornalísticos, unha guía didáctica para o profesorado sobre medios nesta lingua e un evento musical para reivindicar o seu uso.
«No em racialitzis, parla'm en català. Drets lingüístics universals» é o título desta actividade que ten como obxectivo concienciar os falantes de catalán das razóns que os levan a falar unha determinada lingua e dos beneficios de manter o catalán con todo tipo de interlocutores.
Subscríbase ao boletín