Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de febreiro de 2024

    O premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz ten como obxectivo recoñecer as iniciativas a favor do éuscaro impulsadas no ámbito deportivo por asociacións e particulares. Na súa primeira edición o galardón vai para o psicólogo Aritz Olagoi.

    Fonte: Gobierno Vasco

    14 de febreiro de 2024

    O Goberno do Reino Unido destinou unha partida orzamentaria de medio millón de libras esterlinas a fortalecer e promover a lingua córnica nas escolas, na industria audiovisual e nas comunidades.

    Fonte: Pirate FM

    13 de febreiro de 2024

    Máis de 100 eventos en varios países de todo o mundo celebran o Día Internacional da Lingua Grega e o rol que este idioma ten e tivo na cultura global.

    Fonte: Ekathimerini 

    13 de febreiro de 2024

    Un grupo de activistas a prol do gaélico irlandés manifestouse diante da cámara baixa do Parlamento de Irlanda para protestar sobre a crise da vivenda nas Gaeltacht ou zonas de fala irlandesa.

    Fonte: The Journal

    12 de febreiro de 2024

    O Goberno de Albania empregará unha ferramenta de intelixencia artificial para traducir ao albanés centos de documentos legais co fin de acelerar o seu proceso de adhesión á Unión Europea.

    Fonte: Euroactiv 

    12 de febreiro de 2024

    A comunidade kurda que vive en Suecia iniciou unha campaña en liña para demandarlle á canle pública de radio Sverige Radio que reconsidere a súa decisión de deter o servizo radiofónico en kurdo.

    Fonte: Rudaw

    12 de febreiro de 2024

    O Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico para que persoas de fóra de Galicia entren en contacto coa lingua e coa cultura galegas, así como cursos de preparación das probas Celga.

    Fonte: Concello de Carballo

    12 de febreiro de 2024

    Iniciativa pol Asturianu trasladoulle a Paradores as súas propostas a través dunha carta, na que, ademais do tema da toponimia, tamén facían referencia á tradución ao asturiano da web da rede hoteleira ou a incorporación de obras nesta lingua ás súas bibliotecas.

    12 de febreiro de 2024

    Apego, o programa de socialización en galego para familias nenos e nenas de cero a seis anos, ten preparadas ata xuño varias actividades en Carballo (teatro, contos, música, obradoiros etc.).

    Fonte: Concello de Carballo

    12 de febreiro de 2024

    Elite Taxi esíxelle ao Goberno unha nova política lingüística para o sector en Cataluña e que inclúa a obriga de acreditar o nivel B2 de catalán para exercer.

    Fonte: Diari Més

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder