Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de febreiro de 2024

    A diminución do número de inscricións e a falta de apoio por parte do goberno portugués son dous dos factores que explican que as escolas de ensino de portugués en Australia estean a botar o peche.

    Fonte: Contacto

    21 de febreiro de 2024

    Co fin de promover a diversidade lingüística e cultural, o Ministerio de Educación e Desenvolvemento Humano de Mozambique asegura que seguirá garantindo o ensino bilingüe nas escolas do país.

    Fonte: Rádio Mozambique 

    21 de febreiro de 2024

    O Manual de llinguaxe alministrativu en llingua asturiana ten como obxectivo facilitar o uso do asturiano na Administración pública local e autonómica. Esta guía inclúe, entre outros, formularios, requirimentos, resolucións, declaracións responsables, anuncios, bases reguladoras, certificacións, solicitudes, follas de reclamación, licenzas etc.

    21 de febreiro de 2024

    O obxectivo desta modificación é flexibilizar o sistema ao tempo que se garanten os dereitos lingüísticos da cidadanía. Así, o decreto recolle novos mecanismos para acreditar o perfil lingüístico e establece novos perfís que diferencian  o nivel de expresión oral e escrita.

    Fonte: EITB

    21 de febreiro de 2024

    A Real Academia Galega publicou na súa librería dixital Ideas, propostas e debates sobre a lingua (1916-1936), unha recompilación de máis dun cento de textos sobre o galego producidos entre o ano da fundación das Irmandades da Fala e a aprobación do Estatuto de Autonomía.

    Fonte: Real Academia Galega

    20 de febreiro de 2024

    Ante a forte demanda de cursos de lingua kurda por toda Turquía, o país presenta unha forte falta de profesorado capacitado para impartilos. Nos últimos doce anos só se habilitaron 132 prazas de docentes.

    Fonte: Medya News

    20 de febreiro de 2024

    O Diario Oficial da Unión do Goberno do Brasil publicou o decreto 11923 que pretende impulsar o estudo da lingua portuguesa por parte de estudantado estranxeiro.

    Fonte: Gov.br 

    20 de febreiro de 2024

    O Festival de Málaga, que se celebrará entre o 1 e o 10 de marzo, contará con ata sete producións rodadas en galego no orixinal e outras dúas de produción galega rodadas en castelán.

    Fonte: Culturagalega

    20 de febreiro de 2024

    Este amplo programa está composto por máis de 25 actividades entre as que figuran charlas, presentacións, proxeccións... que se desenvolverán en diversas localidades da provincia de Zaragoza.  

    Fonte: Hoy Aragón

    20 de febreiro de 2024

    Chévere estrea o seu novo espectáculo Helen Keller, a muller marabilla? no que explora as posibilidades de integrar nunha mesma obra e ao mesmo nivel o galego e a lingua de signos.  

    Fonte: Praza

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder