Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de febreiro de 2024

    Un equipo de investigación da Universidade de Bangor elaborou unha enquisa para estudar os usos da lingua galesa nos condados de Gwynedd, Conwy e Ynys Môn, no norte do País de Gales.

    Fonte: Cambrian News

    23 de febreiro de 2024

    Un lingüista checo codifica e documenta a lingua normanda que se fala na illa de Sark, unha das que integran as illas do Canal da Mancha. O sarkés conta tan só con tres falantes nativos vivos.

    Fonte: BBC

    22 de febreiro de 2024

    Con este concurso, que ten como lema «Juguem amb la llengua», búscase encher as redes sociais de frases feitas en valenciano a través da publicación dunha foto en Instagram.

    Fonte: Alzira Radio

    22 de febreiro de 2024

    O Informe de la edición en euskera, correspondente ao ano 2022, ofrece datos sobre a produción, oferta e facturación de libros en éuscaro tanto en Euskadi, como en Navarra e en Iparralde.

    Fonte: Gobierno Vasco

    22 de febreiro de 2024

    O Premio Rosalía de Castro de Lingua ten como obxectivo recoñecer iniciativas de normalización lingüística ou traxectorias de persoas e entidades que destaquen polo seu compromiso coa promoción e dignificación do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de febreiro de 2024

    A Xunta de Galicia conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna coa celebración do II Encontro 21 días co galego e +, unha xuntanza lúdica e didáctica que reuniu no Monte Gaiás preto de 600 participantes da VI edición do programa de dinamización lingüística homónimo para intercambiar experiencias, música e xogos ao longo da xornada.

    21 de febreiro de 2024

    A diminución do número de inscricións e a falta de apoio por parte do goberno portugués son dous dos factores que explican que as escolas de ensino de portugués en Australia estean a botar o peche.

    Fonte: Contacto

    21 de febreiro de 2024

    Co fin de promover a diversidade lingüística e cultural, o Ministerio de Educación e Desenvolvemento Humano de Mozambique asegura que seguirá garantindo o ensino bilingüe nas escolas do país.

    Fonte: Rádio Mozambique 

    21 de febreiro de 2024

    O Manual de llinguaxe alministrativu en llingua asturiana ten como obxectivo facilitar o uso do asturiano na Administración pública local e autonómica. Esta guía inclúe, entre outros, formularios, requirimentos, resolucións, declaracións responsables, anuncios, bases reguladoras, certificacións, solicitudes, follas de reclamación, licenzas etc.

    21 de febreiro de 2024

    O obxectivo desta modificación é flexibilizar o sistema ao tempo que se garanten os dereitos lingüísticos da cidadanía. Así, o decreto recolle novos mecanismos para acreditar o perfil lingüístico e establece novos perfís que diferencian  o nivel de expresión oral e escrita.

    Fonte: EITB

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder