O Ministerio de Educación e Lingua Galesa do Goberno de Gales financiará o lanzamento da plataforma Darllen Co que fomentará a comprensión lectora en lingua galesa. O recurso tamén está pensado para que as familias poidan axudar os seus fillos e fillas a ler en galés.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Esta iniciativa ten como obxectivo a promoción da regueifa entre a cidadanía e consistirá nunha competición por parellas que se desenvolverá nos establecementos de hostalaría que se sumen á actividade como colaboradores.
Fonte: Concello de Carballo
A “Declaración de Bimenes” ten como obxectivo recoñecer o asturiano e o eonaviego como dereitos culturais inherentes, o que implicaría a declaración de oficialidade destas dúas linguas.
Fonte: Asturies.com
Este novo documento sobre a oficialidade do catalán, o éuscaro e o galego presentarase na reunión que celebrarán os países da Unión Europea en Bruxelas o vindeiro 19 de marzo.
Fonte: EuroEFE
O festival de cinema XIX Panorama Internacional Coisa de Cinema organiza na cidade da Baía (O Brasil) a mostra Kaoguiamo que proxectará filmes en lingua portuguesa de catro países africanos lusófonos.
Fonte: Bahia
O servizo de lingua islandesa BÍN lanzou a aplicación BÍN-kjarninn que será un novo recurso de referencia en liña para falantes nativos de idioma islandés e para aquelas persoas que o falan como segunda lingua.
Fonte: Iceland Review
A Asemblea Xeral da Federación Internacional de Tenis de Mesa (ITTF, polas súas siglas en inglés) decidiu incorporar o portugués como lingua oficial da entidade.
Fonte: CBTM
O Premio ao Uso do Valenciano nas Fallas de Catarroja 2024 ten como obxectivo recoñecer e fomentar o emprego desta lingua nos monumentos falleros e contribuír así á súa posta en valor nunha festa tan tipicamente valenciana.
Fonte: El Periòdic
Esta prórroga por catro anos do convenio, dotado de 6000 euros para 2024, permitiralles aos aspirantes realizar en Euskadi as probas de acceso á Avogacía e á Procuradoría en éuscaro ou en castelán.
Fonte: Gente
O Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega “Xosé Luís Franco” ten por obxectivo fomentar o uso do galego nas investigacións do ámbito xurídico.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín

