Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de marzo de 2024

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para a creación de obras audiovisuais en galego coas que se apoiará a realización e posprodución de curtametraxes e a produción de longametraxes.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de marzo de 2024

    A Coordinación do Ensino Portugués en Luxemburgo, Bélxica e Países Baixos abriu as inscricións para realizar cursos de lingua portuguesa en diferentes modalidades.

    Fonte: Contacto

    05 de marzo de 2024

    Sumáronse a esta iniciativa para fomentar o uso do éuscaro no ámbito deportivo xuvenil cinco clubs de Santurtzi. Trátase dun programa que buscar mellorar a utilización do éuscaro fóra do ámbito educativo, así como a súa percepción.

    Fonte: En Santurtzi

    05 de marzo de 2024

    A campaña comezou en abril de2022 co obxectivo de potenciar o uso do catalán no deporte, inicialmente o federado. Pero agora quere chegar tamén ao deporte escolar e popular, o que que suporía un impacto en máis dun millón de deportistas, adestradores, árbitros e outros profesionais.

    05 de marzo de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da III edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer, impulsado pola asociación Agadea Alzhéimer co apoio da Xunta e de varios concellos galegos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de marzo de 2024

    A Real Academia Galega abre o prazo para preinscribirse nos XXXIV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia que se desenvolverán no mes de xullo en Santiago de Compostela.

    Fonte: Real Academia Galega

    04 de marzo de 2024

    Un estudo elaborado no centro de investigación australiano Telethon Kids revela que o tempo que os menores pasen diante das pantallas de dispositivos electrónicos pode afectar negativamente a calidade da súa adquisición lingüística.

    Fonte: ABC

    04 de marzo de 2024

    A petición en liña que solicitaba a obrigatoriedade de falar luxemburgués no ámbito laboral en todo o Gran Ducado de Luxemburgo foi retirada polo seu propio autor.

    Fonte: Contacto

    04 de marzo de 2024

    O novo programa de nivel de suficiencia C1 de catalán actualízase e adáptase ao Marco Europeo Común de Referencia para as linguas.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    04 de marzo de 2024

    Un estudo analizou durante cinco anos a situación das linguas rexionais nas plataformas dixitais en 30 países europeos, concretamente, en Netflix, Amazon Prime e Disney+, e conclúe que a oferta de linguas minorizadas é moi escasa e desigual.

    Fonte: El Nacional

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder