O Concello de Pontevedra e mais a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega de dous centros educativos da cidade presentan unha nova edición desta iniciativa dirixida ao alumnado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Pontevedra e mais a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega de dous centros educativos da cidade presentan unha nova edición desta iniciativa dirixida ao alumnado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Coincidindo co 20 aniversario da creación da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI)», celébrase o Seminario Internacional Investigación e Crítica na Literatura Infantil e Xuvenil (2004-2024) no Pazo de San Roque coa colaboración do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e do grupo de investigación universitario LITER21.
As autoridades checas decidiron cumprir cos compromisos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Comunitarias e estender o ensino da lingua alemá en diferentes niveis educativos nas rexións de Cheb, Karlovy Vary, Sokolov, Liberec, Ústí nad Labem, Český Krumlov, Opava e Svitavy.
Fonte: Council of Europe
O chanceler alemán, Olaf Scholz, é partidario de establecer un sistema que permita avaliar o nivel de habilidade en lingua alemá en todas as escolas.
Fonte: The Local
A décimo sexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) ten lugar en Galicia por primeira vez na historia. Trátase do evento principal no ámbito do procesamento da linguaxe natural e a intelixencia artificial arredor do portugués escrito e falado.
Enreguéifate é unha iniciativa de difusión da improvisación oral en verso para contribuír á promoción do uso do galego. Na páxina web do proxecto xa se poden ver os doce vídeos gañadores nas diferentes categorías na edición de 2024.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Este foro, que traballa para impulsar o uso do éuscaro nas empresas, celebrou un encontro para informar sobre as ferramentas dispoñibles para a promoción desta lingua, en concreto, sobre os servizos de asesoramento lingüístico ou as axudas existentes para a súa implantación.
Fonte: Diputación Foral de Álava
Aínda que o Parlamento Europeo establece que todos os documentos oficiais deben ser traducidos ás 24 linguas da UE para achegar as institucións á cidadanía, na práctica hai unha cláusula que non obriga a ofrecer servizo de tradución e interpretación en caso de que non haxa suficientes profesionais dispoñibles. Isto exclúe as linguas con poucos falantes como o gaélico irlandés e o maltés. O Parlamento Europeo decidiu agora estender esta cláusula até xuño de 2029.
Un estudo elaborado no British Council e a Universidade Old Dominion nos EUA revela que o 60 % do profesorado de inglés considera que a intelixencia artificial (IA) e as ferramentas de tradución automática non porán en risco a aprendizaxe das linguas estranxeiras.
Fonte: Human Resources Portugal
Estes premios recoñecen persoas, entidades e empresas que destacan pola súa defensa ou promoción da lingua catalá. Escolleranse tres finalistas entre 115 candidaturas propostas.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Subscríbase ao boletín