Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de decembro de 2023

    A falta de persoal levou á cidade de Helsinqui a formar profesorado en España para traballar en escolas infantís de lingua sueca.

    Fonte: YLE

    12 de decembro de 2023

    Grazas ao labor do Departamento de Orientación do IES Eusebio Baleirón, xa está dispoñible en galego o comunicador dinámico AsTeRICS GRID, unha aplicación que permite usar pictogramas e imaxes para mellorar a comunicación de persoas con dificultades.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de decembro de 2023

    O Gremio de Editores de Cataluña salientou o incremento das vendas do libro en catalán, un 12 % respecto ao ano anterior, que supoñen uns 140 millóns de euros no sector do libro en Cataluña.  

    Fonte: Ara

    12 de decembro de 2023

    Terminologia de les barreres al comerç internacional, publicada en liña polo TERMCAT e ACCIÓ, inclúe 200 termos en catalán coas súas equivalencias en castelán, francés e inglés, así como definicións e notas complementarias.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de decembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da terceira edición do certame Novos Poliedros, convocado co gallo do Mes da Ciencia en Galego por Igaciencia -Institución Galega da Ciencia- coa colaboración da Xunta de Galicia para promover entre a mocidade a innovación científica en lingua galega.

    11 de decembro de 2023

    Un informe do Instituto de Estatística e Estudos Económicos do Gran Ducado de Luxemburgo (Statec) publicou un informe que revela que o luxemburgués é a segunda lingua materna máis falada en Luxemburgo, seguida do luxemburgués.

    Fonte: Contacto

    11 de decembro de 2023

    Os diferentes desencontros entre Francia e Burkina Faso están propiciando que o país africano estea a incentivar a aprobación dun proxecto que avoga pola eliminación do francés como lingua oficial.

    Fonte: La Opinión Austral

    11 de decembro de 2023

    Representantes do Goberno de Australia visitan o País Vasco do 11 ao 15 de decembro para coñecer IZO, o Sistema Oficial de Tradutores para a tradución e a interpretación do éuscaro e ao éuscaro da Administración.

    Fonte: Gobierno Vasco

    11 de decembro de 2023

    O Concello de Almassora enviou preto de 2500 cartas en valenciano para que o alumnado dos centros de ensino poida escribirlles aos Reis Magos e, posteriormente, depositalas nas caixas de correo repartidas pola localidade.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    11 de decembro de 2023

    A proximidade das festas de Nadal favorece a chegada ao mercado de xogos de mesa en galego. Neste 2023 súmanse á oferta dispoñible Sálvora de Brazolinda Xogo, Galiza no tempo de OzocoGZ e Invisibilizadas da cooperativa Atalaias.

    Fonte: Culturagalega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder