O presidente da Comisión de Lingua da illa de Guernsey, no canal da Mancha, declarou que o francés de Guernsey debería ser ensinado nas escolas para garantir a súa supervivencia.
Fonte: Language Magazine
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente da Comisión de Lingua da illa de Guernsey, no canal da Mancha, declarou que o francés de Guernsey debería ser ensinado nas escolas para garantir a súa supervivencia.
Fonte: Language Magazine
O Brasil atesoura actualmente só un 20 % das 1175 linguas que se falaban cando chegaron os europeos en 1500. Alén diso, o Brasil aínda non recoñece ningún idioma indíxena como oficial.
O persoal médico e de enfermería extracomunitario que desexe acceder ao Servizo Vasco de Saúde poderá facelo sen cumprir o perfil lingüístico, aínda que o coñecemento do éuscaro si será obrigatorio para quen acceda a través dunha Oferta Pública de Emprego.
Fonte: Redacción Médica
Máis de 1500 alumnas/os de 28 escolas diferentes participan na novena edición dun concurso no que elaborarán xogos para aprender aspectos da cultura, a lingua e as tradicións do dominio lingüístico catalán.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O BNG levará a pleno unha moción para que o Goberno local cree neste primeiro semestre do ano 2024 o Consello Local da Lingua, así como o plan de normalización, tal e como recolle a Ordenanza do galego.
Fonte: La Opinión de A Coruña
A pesar de que o sueco é a segunda lingua oficial de Finlandia, unicamente o 6 % da poboación fala este idioma como materna. Os medios de comunicación en lingua sueca de Finlandia levan a cabo iniciativas innovadoras para subsistir.
Fonte: IJNET
A lingua mirandesa, segundo idioma oficial de Portugal, conta na actualidade con aproximadamente 1000 falantes e o seu ensino nas escolas é primordial para a súa supervivencia.
Fonte: CNN Portugal
A Academia da Lingua Asturiana convocou para o 27 de xaneiro a primeira proba de coñecemento do nivel de asturiano, que inclúe unha parte oral e outra escrita.
Fonte: La Voz de Asturias
As autoridades educativas lituanas traballan nunha proposta para eliminar o ruso das escolas, tanto nas que é idioma de ensinanza como nas que se aprende como lingua estranxeira, unha decisión que forma parte das represalias contra Rusia pola invasión de Ucraína.
A Academia da Lingua Asturiana incorporará ao seu dicionario a palabra «xentrificación», escollida como neoloxismo do ano nunha votación popular a través das redes sociais na que obtivo o 33 % dos apoios.
Fonte: InfoAsturies
Subscríbase ao boletín