Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xaneiro de 2024

    O Centro de Avaliación e Certificación de Portugués como Lingua Estranxeira (CAPLE) da Universidade de Lisboa abriu o seu período de inscricións para realizar os exames de portugués que dan acceso aos certificados oficiais segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). 

    Fonte: Bom dia

    12 de xaneiro de 2024

    O partido do Bloco de Esquerda da illa de Madeira presentou un proxecto para que os plenarios da Asemblea Xeral da Rexión Autónoma de Madeira conten con tradución en lingua de signos.

    Fonte: Diário de Notícias

    12 de xaneiro de 2024

    A Korrika, que percorrerá 2700 quilómetros, comezará en Irún o 14 de marzo e finalizará en Baiona o 24 do mesmo mes.

    Fonte: EITB

    12 de xaneiro de 2024

    A marca de roupa barcelonesa Macson comezou a etiquetar en catalán os seus produtos, ademais de incorporar esta lingua á súa páxina web.

    Fonte: El Món

    12 de xaneiro de 2024

    «Dieta e saúde alimentaria» é o título da nova entrega de Proxector, que ofrece unha ducia de vídeos nos que se explica que produtos son beneficiosos para o ser humano, así como as consecuencias do abuso de certos alimentos para a saúde.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de xaneiro de 2024

    Os Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2024 celébranse o 13 de xaneiro, convocados polo grupo La Voz de Galicia en colaboración con varias entidades, nun acto no que se xuntarán mestres e mestras da improvisación oral en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de xaneiro de 2024

    Segundo a Enquisa á Xuventude de Cataluña 2022, o 25,1 % da mocidade de entre 15 e 34 anos usa o catalán de forma habitual e o 14,1 % fala catalán na casa, pero castelán no seu día a día.  

    Fonte: El Periódico

    11 de xaneiro de 2024

    O Diario Oficial de Galicia  publica as bases das novas edicións dos tres premios de literatura dramática que a Xunta de Galicia convoca con periodicidade bienal: XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto.

    10 de xaneiro de 2024

    Varios organismos que defenden o gaélico irlandés na cidade de Cork solicitaron ao municipio que elabore unha estratexia que promova o uso da lingua vernácula no ámbito local.

    Fonte: Echo Live 

    10 de xaneiro de 2024

    O condado galés de Ceredigion acaba de estrear o proxecto "Benvido/a a Ceredigion" para concienciar as persoas que se afincaron no condado a se integraren por medio da lingua galesa.

    Fonte: Cambrian News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder