A empresa estadounidense Google está traballando nun modelo de intelixencia artificial xigante que podería apoiar as 1000 linguas máis faladas do mundo.
Fonte: Analytics Insight
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A empresa estadounidense Google está traballando nun modelo de intelixencia artificial xigante que podería apoiar as 1000 linguas máis faladas do mundo.
Fonte: Analytics Insight
Dous xornalistas científicos anglófonos, Miriam Frankel e Matt Warren, publicaron un ensaio que revela que as linguas que falamos poden ter un impacto significativo na maneira de percibirmos o tempo e o espazo. As persoas bilingües, por exemplo, poden ter dúas percepcións de tempo diferenciadas, especialmente se aprenden as dúas linguas desde unha idade temperá.
Fonte: BBC
A Viceconsellería de Política Lingüística contará cun orzamento de 73,5 millóns de euros en 2023, aos que haberá que sumar 10,8 millóns para a normalización lingüística da Administración Pública e 64,2 para a euscaldunización do sistema educativo. Son, polo tanto, en total 148,5 millóns de euros os que destinará o Goberno vasco á promoción do éuscaro.
Se en novembro do 2021 o apoio á oficialidade do asturiano se situaba no 60 %, un ano despois esta porcentaxe incrementouse case dous puntos (61,9 %), fronte ao 36,1 % que se declara en contra.
Fonte: Asturies.com
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu na Coruña á sesión plenaria extraordinaria celebrada na sede da Real Academia Galega na que Gonzalo Navaza pronunciou o discurso de ingreso Nomes de persoa na toponimia de Lalín.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos Premios de Banda Deseñada AX1 e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, convocados polo instituto IES Arcebispo Xelmírez I coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Asociación Cultural Colectivo Xelmírez.
Como cada 5 de novembro desde 2006, o Brasil celebra o seu Día Nacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: Rádio Senado
O 5 de novembro de 1992, once estados membro do Consello de Europa asinaban un acordo para protexer e salvagardar a riqueza cultural e lingüística de Europa. Desta alianza nacía a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias que agora fai 30 anos.
Fonte: Council of Europe
A Xunta de Galicia conmemora o aniversario do nacemento do escritor e poeta Xosé Neira Vilas co documental Os Camiños do neno labrego, unha peza audiovisual dirixida e producida por Simone Saibene.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Mediante as axudas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro localizadas na provincia de Badaxoz, a Deputación Provincial contribúe economicamente ao impulso do romaní co desenvolvemento de diferentes proxectos.
Fonte: InfoProvincia
Subscríbase ao boletín