O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan un ano máis este premio, que chega á súa edición número 23 baixo o lema ‘Prende o galego. Brilla con luz propia’, co obxectivo de visibilizar a utilidade que ten o galego como lingua instrumental no ámbito mercantil.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un acordo coa China permitirá que o chinés mandarín sexa materia obrigatoria nas escolas secundarias de Camboxa. O profesorado teme que isto poida pór en risco a cultura e soberanías camboxanas.
Fonte: Radio Free Asia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde de Carral, Javier Gestal, presentaron no compostelán Pazo de San Roque a publicación Constelación de voces. 25 anos do Premio de Poesía Concello de Carral, editado por Espiral Maior no marco das celebracións polo 25 aniversario deste certame poético que impulsa o concello coruñés co apoio da Xunta de Galicia.
Sakanako Euskaltzaleon Sarea é unha rede aberta en defensa dos dereitos lingüísticos dos falantes de éuscaro da comarca de Sakana, creada por un grupo de persoas preocupadas polas dificultades que se atopan para poder vivir nesta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Coa campaña «Treu la llengua, compartim el català!» búscase apelar ao orgullo da cidadanía para que utilice sen complexos o catalán co obxectivo de impulsar o seu uso, principalmente entre a mocidade.
Fonte: El Periódico
O Catálogo de grupos Musigal ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra, entre os que se repartirá para que poidan solicitar a actuación dos grupos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da aplicación web play.aritmar.com, impulsada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover a música e a poesía galegas e portuguesas, especialmente entre a mocidade.
A canle de televisión privada Zarok TV emite programación infantil en Turquía co obxectivo de que as crianzas manteñan viva a súa lingua materna xa que esta non se ensina nas escolas.
Fonte: Nationalia
Descobren en Israel a primeira frase completa coñecida en cananeo gravada nun peite de almafí de hai 3700 anos. A inscrición anima a liberarse dos piollos e reza textualmente: "Que estes dentes acaben cos piollos do cabelo e a barba”.
Fonte: The Guardian
Os 28 servizos de éuscaro das Administracións locais de Navarra queren cunha nova campaña difundir a web elaide.eus, dirixida principalmente a estudantes de éuscaro, na que se poden encontrar recursos e información interesante para aprender e poder vivir nesta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín



