Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xullo de 2022

    As historias gañadoras do V Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa poden lerse en academia.gal e relatos.gal. As entidades convocadoras entregaron os galardóns nun acto na sede da RAG no que as persoas gañadoras leron os seus respectivos textos.

    Fonte: Real Academia Galega

    27 de xullo de 2022

    O catedrático da USC e investigador do Instituto de Materiais (iMATUS), Jorge Mira, e o científico Luís F. Seoane do Centro Nacional de Biotecnoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), analizaron nun artigo de investigación publicado na revista The European Physical Journal Plus, como se foi producindo a evolución lingüística en Bélxica.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    27 de xullo de 2022

    O Padroado da Cultura Galega de Montevideo celebrou o Día Nacional de Galicia cunha conferencia de Carlos Zubillaga sobre a presenza galega en Uruguai e a inauguración dunha mostra bibliográfica dos seus traballos sobre este tema.

    Fonte: Real Academia Galega

    27 de xullo de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación dun novo libro dos Bolechas que está dedicado ao Museo do Mar de Galicia e co que as crianzas poderán embarcarse dun xeito lúdico e didáctico no coñecemento da actividade mariñeira.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de xullo de 2022

    Grazas a este acordo, os cidadáns que queiran obter un certificado poden consultar, nas páxinas web de cada goberno, a mesma información sobre a acreditación de coñecementos do catalán (oficialidade dos certificados, niveis e descrición das probas).

    Fonte: Diario de Mallorca

    27 de xullo de 2022

    Co obxectivo de espertar o interese polo uso do éuscaro na localidade, o Concello crea a iniciativa 'Gu be bai!', para que os clubs deportivos, os comercios e a hostalaría incorporen esta lingua no seu día a día, como, por exemplo, nas súas redes sociais, sinalizacións e sistemas de emisión de facturas.

    Fonte: El Correo

    26 de xullo de 2022

    A presentadora, actriz e escritora galesa Ffion Dafis gañou o premio ao mellor libro en galés de 2022 do País de Gales pola súa novela Mori.

    Fonte: Nation Cymru

    26 de xullo de 2022

    A Constitución Política de Colombia, traducida ás linguas indíxenas guambiana, ikun, kamentsa, inga, kubeo, wayuunaiki e nasa yuwe, pode consultarse desde agora na plataforma SUIN-Juriscol, ferramenta dixital do Ministerio de Xustiza e de Dereito.

    Fonte: Diario Jurídico

    26 de xullo de 2022

    A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan os gobernos de Galicia, Euskadi, Cataluña, Illas Baleares, Navarra e a Generalitat Valenciana celebraron no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela a súa reunión ordinaria anual. Nela abordaron distintos temas de interese para as políticas lingüísticas das súas respectivas comunidades, así como accións conxuntas de promoción das súas linguas propias.

    26 de xullo de 2022

    O Consorcio para a Normalización Lingüística ofrece máis de 1300 cursos a partir de setembro, de todos os niveis e, na súa maioría, niveis iniciais e básicos, que van dirixidos a persoas con ningún ou poucos coñecementos desta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder