Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xullo de 2022

    O Centro de Linguas da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra (FLUC, polas súas siglas en portugués) abriu as candidaturas para os cursos de formación en linguas estranxeiras que terán lugar no primeiro semestre de 2022-2023.

    Fonte: Universidade de Coimbra

    20 de xullo de 2022

    Coa iniciativa de Lodosa Bizirik, unha entidade que dinamiza o uso do éuscaro, a súa normalización e a cultura navarra, o Concello de Lodosa colocará 154 novas placas nesta lingua e en castelán en 78 rúas, prazas e avenidas. Afirman que este cambio é unha das accións que necesitan para dar visibilidade e normalizar o éuscaro na localidade.

    Fonte: Noticias de Navarra

    20 de xullo de 2022

    Ao longo desta semana, a plataforma publicará cinco novos contos infantís en éuscaro das editoriais OQO e Txalaparta, en formato podcast e videopodcast, e que van dirixidos a nenos, nenas e ás súas familias. Tamén estarán dispoñibles en Spotify ou Google Podcasts e con ilustracións animadas en YouTube.

    Fonte: eitb.eus

    19 de xullo de 2022

    Xa se coñecen as persoas gañadoras do Premio Xerais 2022: a novela A culpa, de María Solar, fíxose co Premio Xerais de Novela, Cicuta para dous de Rocío Leira co Jules Venre de Literatura Xuvenil e Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, co Merlín de Literatura Infantil.

    Fonte: Praza Pública

    19 de xullo de 2022

    O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Ourense por toda a súa traxectoria intelectual dedicada á defensa da lingua galega.

    Fonte: Cultura galega

    19 de xullo de 2022

    Un estudo publicado na revista científica Nature Human Behaviour revelou que as persoas neonatas poden aprender e procesar sons lingüísticos desde os primeiros momentos de vida.

    Fonte: The Conversation

    19 de xullo de 2022

    O Goberno do País de Gales apoia un ambicioso plan que reforzará os piares económicos das zonas de Gales onde é maior a porcentaxe de falantes de galés.

    Fonte: Insider

    19 de xullo de 2022

    O Goberno balear pide á sociedade que grave as súas voces para crear unha base de datos que se facilitará ás empresas tecnolóxicas co obxectivo de que os dispositivos electrónicos entendan o catalán en toda a súa diversidade lingüística.

    Fonte: Diario de Mallorca

    19 de xullo de 2022

    Plataforma pola Lingua reclama á Consellería de Sanidade Universal que investigue o caso no que un médico do centro de saúde de Quart de Poblet (Valencia) se negou a atender un paciente falante de valenciano, incluso despois de que comezase a expresarse en castelán.

    Fonte: 20 minutos

    18 de xullo de 2022

    Xa pode consultarse na páxina web da Real Academia Galega a Guía de nomes galegos, un recurso en liña coa forma estándar de máis de 1500 antropónimos que forman parte da tradición galega, moitos deles desde a Idade Media.

    Fonte: Real Academia Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder