A Real Academia Galega acordou nomear a María López Sández como nova integrante de número da entidade. A investigadora e creadora ocupará a cadeira de Darío Xohán Cabana.
Fonte: Cultura galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Real Academia Galega acordou nomear a María López Sández como nova integrante de número da entidade. A investigadora e creadora ocupará a cadeira de Darío Xohán Cabana.
Fonte: Cultura galega
A empresa de tecnoloxía e redes sociais Meta acaba de presentar un proxecto de intelixencia artificial que é capaz de traducir en tempo real e dominar un total de 200 linguas.
Fonte: Computer Hoy
Centenas de mozos e mozas e as súas respectivas familias achegáronse ao Instituto Camões de Luxemburgo para recibiren os seus certificados de proficiencia en lingua portuguesa. Foron máis de 350 as persoas que recibiron o convite para a cerimonia de entrega, unha iniciativa que contou coa presenza de António Gamito, embaixador de Portugal en Luxemburgo.
Fonte: Bom dia
As entidades que representan o alumnado xordo escolarizado en Cataluña piden unha educación bilingüe en catalán e castelán de calidade, para todas as etapas educativas e con profesionais competentes en lingua de signos. O obxectivo das familias que forman parte destas entidades é recibir orientacións para a comunicación ou socialización dos seus fillos e das súas fillas e que adquiran unha competencia plurilingüe.
O pleno do Concello de Manacor aproba a inclusión de cláusulas lingüísticas nos pregos de condicións da contratación de obras e servizos para fomentar o uso público da lingua catalá, de modo que as empresas contratadas deberán garantir o seu uso nos bens, obras e servizos obxecto do contrato.
Fonte: Última hora
O alumnado dos cursos de nivel básico 3 de catalán do Consorcio para a Normalización Lingüística practicou esta lingua nun total de 73 comercios locais durante este trimestre. As prácticas lingüísticas consisten en entrar a comprar ou pedir información sobre algún produto.
Fonte: Diari Més
A campaña Toponomízate. Falámosche dos nomes da túa terra, coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, chegará ao municipio ourensán de Laza co fin de promover a recuperación da microtoponimia local.
Fonte: Real Academia Galega
A canción galega Ai-lalelo, do grupo PAMP conseguiu o segundo premio no AI Song Contest, na cidade belga de Liexa.
Fonte: NIUS
A plataforma FIFA+ ofrece a partir de agora contidos en lingua árabe. Alén desta lingua, o indonesio, o italiano, o xaponés e o coreano son as novas traducións incorporadas á plataforma que xa está dispoñible nun total de dez idiomas.
Fonte: FIFA
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu á toma de posesión de Rosario Álvarez como presidenta do Consello da Cultura Galega, onde recoñeceu o seu labor no impulso e protección da cultura propia e chamou a afrontar desde a cooperación os seus retos no futuro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín