O antigo mosteiro da Santissima Concezione, no complexo de Santa Maria Novella, en Florencia, é o espazo escollido para albergar o Museo Nacional do Italiano (Mundi) que acaba de abrir as súas portas ao público.
Fonte: Artemagazine
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O antigo mosteiro da Santissima Concezione, no complexo de Santa Maria Novella, en Florencia, é o espazo escollido para albergar o Museo Nacional do Italiano (Mundi) que acaba de abrir as súas portas ao público.
Fonte: Artemagazine
A canle de televisión infantil arxentina Pakapaka estreou a serie de televisión Poemas de la Tierra que aspira a promover e difundir as linguas indíxenas que se falan na Arxentina.
Fonte: La Nueva Mañana
O novo Centro de Interpretación do Aragonés «Ana Abarca de Bolea», que toma o nome dunha das súas abadesas que escribiu nesta lingua, ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o aragonés e promover a súa aprendizaxe, así como sensibilizar e fomentar o compromiso cara a este idioma.
Fonte: Heraldo
Memorias 1841-1843 de Juana de Vega foi editada pola Fundación Luzes en colaboración coa Fundación Juana de Vega polo 150 aniversario da súa morte. Ana Luísa Bouza foi a responsable da tradución ao galego desta obra baseada nuns manuscritos atopados no arquivo da Cámara do Congreso en 1910.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Vigo presentou unha nova edición do programa “No verán… un conto”, co obxectivo de fomentar o uso do galego no ámbito do lecer a través de actividades destinadas ao público infantil, familiar e adulto.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Silleda convida os establecementos comercias do municipio a sumarse á súa campaña "Rebaixas. O meu comercio, en galego!", grazas á que poderán contar con carteis en galego para anunciar o período de rebaixas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O partido galés Plaid Cymru pide ao Goberno do País de Gales que apoie a iniciativa que aspira a que esta nación do Reino Unido se poida presentar por separado ao festival de Eurovisión. O partido espera ademais que esta iniciativa permita visibilizar a lingua galesa internacionalmente.
Fonte: Escextra
O Plan de acción para a promoción do éuscaro de Ordizia mostra o compromiso da Administración local co impulso da promoción do uso desta lingua en todos os ámbitos e sectores do municipio, entre os que o deporte se sitúa como prioritario.
Fonte: El Diario Vasco
O Voluntariado pola Lingua superou xa as 158 000 parellas lingüísticas desde que se iniciou o programa en 2003. Destas, 7351 creáronse en 2021, unha cifra que se incrementou con respecto ao ano anterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Liña de Apoio á Tradución e Edición (LATE) abrangue este ano 127 títulos escritos en portugués e traducidos a 32 linguas de 34 países. A Dirección Xeral do Libro, dos Arquivos e das Bibliotecas (DGLAB), e o Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua, promoven esta iniciativa.
Fonte: Rádio Comercial
Subscríbase ao boletín