A canle de televisión Record TV presentou a campaña "Falamos a mesma Língua" coa intención de reforzar os lazos que unen os diferentes acentos e variedades da lingua portuguesa.
Fonte: Record TV Europa
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A canle de televisión Record TV presentou a campaña "Falamos a mesma Língua" coa intención de reforzar os lazos que unen os diferentes acentos e variedades da lingua portuguesa.
Fonte: Record TV Europa
O certame "Tíralle da lingua" está dirixido á comunidade educativa e ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego e contribuír a que esta lingua se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias no ámbito educativo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A maioría sindical do ensino vasco, así como outras entidades demandan que a futura lei de educación sitúe o éuscaro como lingua de ensinanza e aprendizaxe e apostan por un modelo lingüístico xeneralizado e inclusivo de maneira que se garanta a igualdade e a cohesión social.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Entre as iniciativas destacan, por unha banda, a campaña «Esperant llegint!», pola que se distribuirán libros de autores valencianos en lugares con zonas de agarda (clínicas dentais, notarías...); ou, por outra, a repartición entre os centros educativos de infantil e de primaria dun xogo de cartas para recuperar a tradición dos monstros valencianos da festividade de Todos os Santos.
O Goberno do País de Gales concede cursos gratuítos de lingua galesa ás persoas novas de entre 18 e 25 anos e a persoal do ámbito educativo co obxectivo de incrementar o número de falantes en todo o País de Gales.
Fonte: Nation Cymru
Un estudo realizado por investigadoras e investigadores das universidades de York (Reino Unido) e Aarhus (Dinamarca) revelou que a linguaxe dos bebés comparte os mesmos trazos en diferentes linguas.
Fonte: Univeristy of York
O Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Valencia conta cunha nova páxina web que ofrece todo tipo de recursos informativos, divulgativos e de promoción sobre o valenciano.
Fonte: El Periòdic
Ao abeiro da alianza entre o FC Barcelona e Spotify, a empresa sueca incorporará o catalán entre os idiomas nos que está dispoñible a súa aplicación móbil. Así mesmo, xa están a traballar para que esta lingua estea tamén presente na versión web da plataforma.
Fonte: FC Barcelona
«LGx15. Ideas para o futuro da lingua» é unha iniciativa impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro do galego. A edición deste ano terá lugar o xoves 27 de outubro na Sala Capitol, en Santiago de Compostela.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na cripta do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela á presentación do novo libro Os Bolechas van á catedral de Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín