Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de outubro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela á presentación da obra interdisciplinar de Elsa Muñiz, na que se mestura literatura, ilustración e música, Memories: Sete pezas para piano.

    07 de outubro de 2022

    Un grupo de xornalistas de Kenya fundou a radio Ekialo Kiona Suba Youth co obxectivo de manter viva a lingua olusuba, falada polo pobo Suba, orixinario das beiras do lago Vitoria.

    Fonte: IJNET

    07 de outubro de 2022

    O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo inaugura a exposición "Nhe'ẽ Porã: memória e transformação" que pon o foco na diversidade das linguas indíxenas.

    Fonte: Publishnews

    07 de outubro de 2022

    A Xunta de Galicia e a Editorial Xerais presentaron a obra María Casares fronte ao espello, de Sabela Hermida, co gallo do centenario do nacemento da actriz coruñesa que se conmemora este ano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de outubro de 2022

    O Instituto de Estudos Eivisencos e o Concello de Eivisa organizan un ano máis o Voluntariado Lingüístico para poñer en contacto a persoas que falan catalán con outras que queiran aprendelo ou, simplemente, practicalo.

    Fonte: Diario de Ibiza

    07 de outubro de 2022

    Este convenio marco servirá para afianzar a colaboración entre ambas as entidades e o seu compromiso para impulsar o uso do éuscaro na cidade e no centro comercial. Para comezar, estase a realizar unha análise sobre a situación lingüística de El Boulevard.

    Fonte: Norte Exprés

    07 de outubro de 2022

    Este obradoiro de escrita creativa en galego, que se desenvolverá ao longo dos meses de outubro e novembro de 2022, está dirixo a quen lle guste a literatura e queira coñecer ferramentas para crear un texto literario.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de outubro de 2022

    O Concello de Santiago de Compostela organiza un obradoiro de carácter práctico dirixido a nais e pais que desexen coñecer materiais educativos para poder realizar unha crianza en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de outubro de 2022

    A Deputación da Coruña organiza, ao longo do mes de outubro, a campaña «Un outono cheo de letras», unha iniciativa que se desenvolverá a través das redes sociais e coa que busca fomentar a lectura e os libros en galego como forma de dinamización desta lingua.

    07 de outubro de 2022

    O uso da lingua cantonesa, falada orixinariamente na provincia de Guangdong, no sur da China, está retrocedendo tanto na zona de orixe como en diferentes lugares do mundo onde hai unha importante comunidade de emigrantes procedentes desta zona. Ante esta situación, un importante número de falantes teme que esta lingua non sobreviva os cambios sociais e políticos da actualidade.

    Fonte: Voa News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder