Trátase do proceso participativo aberto á cidadanía impulsado pola Generalitat de Cataluña que recibiu máis contribucións dos últimos anos, cun total de 311 achegas e 3000 propostas contabilizadas ata o momento, aínda que a cifra definitiva non se coñecerá ata que finalice o reconto.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A delegación de Lemos da Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha campaña para normalizar o uso galego nos servizos de pediatría dos ambulatorios do sur de Lugo a través de adhesivos con mensaxes nesta lingua adaptadas ao público infantil.
Fonte: Xornal de Lemos
A Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Tradución con dúas citas: a presentación do Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador» por parte do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o apoio ao XX Premio Plácido Castro, en cuxa entrega participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O ministro de Gaeltacht e Deporte da República de Irlanda abrirá oficialmente un novo centro de lingua gaélica na localidade de Knocknacarra, ao leste da cidade de Galway.
Fonte: Galway Bay
A cidade de Áurea, no estado brasileiro de Río Grande do Sur, recoñeceu o polaco como lingua oficial xunto ao portugués.
Fonte: Folha de São Paulo
Diversas voces do mundo social e político de Gales demandaron expresamente que o novo príncipe William de Gales aprenda a lingua galesa.
Fonte: The Guardian
LaTroca é un encontro de creadores dixitais que se celebrará o 15 de outubro en Palma e que inclúe unha serie de mesas redondas nas que participarán tiktokers, xogadores de videoxogos, podcasters ou youtubers que falarán sobre cuestións relacionadas coa creación de contidos en lingua catalá en internet.
O escritor e xornalista Alberto Ramos vén de alzarse coa XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, pola obra Os Corpos de Romanov. Matthias Lentz, un certame que conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua.
Segundo estudos realizados por activistas lingüísticos, o número de escolas de ensino secundario duplicouse nos últimos anos en Irlanda do Norte.
Fonte: Language Magazine
O Goberno vasco subscribiu un convenio de colaboración co Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) para promover as producións en éuscaro, así como a súa distribución.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín

