Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de setembro de 2022

    Trátase dun plan piloto creado pola Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia para apoiar municipios pequenos e difundir o uso e a presenza do valenciano a través dunha serie de accións que se desenvolverán dentro ou fóra do concello durante tres meses.

    Fonte: Saforguia

    26 de setembro de 2022

    O presidente da CNSE denuncia a falta de concienciación e os prexuízos que aínda existen sobre as linguas de signos e como estes problemas afectan as persoas que as utilizan. Por este motivo, piden políticas públicas que garantan os seus dereitos lingüísticos en todas as etapas e ámbitos da vida e propoñen a inclusión destas linguas no artigo 3 da Constitución Española, ao mesmo nivel que as demais linguas do Estado.

    Fonte: Servimedia

    26 de setembro de 2022

    Xosé Manuel Beiras recolleu o Premio Luis Porteiro Garea que cada ano recoñece a iniciativa, o traballo e a traxectoria da comunidade universitaria a prol da normalización do galego na Universidade de Santiago.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    26 de setembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación organizada pola Xunta de Galicia e Nordesía Producións para festexar o domingo 25 de setembro o Día Europeo das Linguas dentro do festival Maré, Músicas e Artes Atlánticas 2022 e nos concertos do Xacobeo 21-22.

    26 de setembro de 2022

    A Federación Portuguesa de Fútbol difundiu un vídeo do himno nacional de Portugal interpretado en lingua de signos portuguesa por un grupo de xogadoras e xogadores das seleccións feminina e masculina de Portugal.

    Fonte: Diário de Notícias

    26 de setembro de 2022

    Un estudo realizado por investigadores e investigadoras de dúas universidades inglesas (York e Lancaster) e unha dos EUA (Nova York) revelou que a expansión dos dialectos do sur de Inglaterra por outras zonas non é tan rápida do que se adoitaba pensar porque os dialectos do inglés falados no norte tamén experimentaron unha certa difusión.

    Fonte: The Guardian

    24 de setembro de 2022

    Symud i Gymru, un novo programa da canle de televisión en lingua galesa S4C, analizará o problema da vivenda nas comunidades de fala galesa e animará as persoas que queiran instalarse nesas zonas a que se integren na cultura galesa e aprendan a lingua vernácula.

    Fonte: Nation Cymru

    23 de setembro de 2022

    O Parlamento de Letonia aprobou unha lei que converte o letón na única lingua oficial do país báltico. 

    Fonte: Baltic News Network

    23 de setembro de 2022

    Os resultados desta enquisa sobre actitudes lingüísticas no sur da Comunidade Valenciana coñeceranse previsiblemente no primeiro trimestre de 2023. O obxectivo da iniciativa é coñecer as opinións da cidadanía sobre o valenciano para poder deseñar proxectos e actuacións no territorio.

    23 de setembro de 2022

    Un proxecto musical en crioulo de Cabo Verde e un encontro europeo en Coímbra servirán para celebrar en Portugal o Día Europeo das Linguas.

    Fonte: Representação da Comissão Europeia em Portugal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder