Tres persoas anciás dunha aldea ancestral da Amazonia peruana participarán nun proceso de documentación lingüística organizado polo Ministerio de Cultura do Perú para salvar a lingua indíxena omagua.
Fonte: Swissinfo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Tres persoas anciás dunha aldea ancestral da Amazonia peruana participarán nun proceso de documentación lingüística organizado polo Ministerio de Cultura do Perú para salvar a lingua indíxena omagua.
Fonte: Swissinfo
A ministra de Cultura, Arte, Gaeltacht, Deportes e Medios de Comunicación, Catherine Martin, anunciou que dará luz verde á creación dunha nova canle de televisión infantil en lingua gaélica.
Fonte: Gov.ie
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ferrolterra organiza varias actividades centradas na creación musical en galego para celebrar, o 1 de outubro, o Día do Orgullo Neofalante.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As adegas da Rioxa Arabesa e da comarca de Ayala contarán cun servizo de fomento do éuscaro ofrecido pola Deputación Foral ao abeiro do programa Lanabes, unha iniciativa para impulsar o uso desta lingua no ámbito empresarial e socioeconómico.
A Mancomunidade de Municipios Vascos sinala no estudo El consumo audiovisual en los municipios euskaldunes que é urxente apostar pola creación de contidos audiovisuais en éuscaro, xa que os novos modelos de consumo das plataformas dixitais ou videoxogos están a repercutir nos hábitos lingüísticos da mocidade.
Fonte: El Correo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigou o Goberno a permitir a concentración na Toxa despois de resolver a favor dun recurso interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística ante a prohibición da Subdelegación en Pontevedra de realizar este acto con motivo da celebración do IV Foro La Toja.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron na entrega de galardóns ás escolas premiadas na X edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística «Nós tamén creamos!» da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.
O Comité de Persoas Expertas da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias ditaminou no seu último informe que Suíza debe apoiar máis o francés e o alemán nos cantóns onde non sexan oficiais e promocionar o italiano e o romanche na vida económica e social.
Fonte: Council of Europe
A partir de agora, as persoas xordas que constitúan un xurado xudicial en Gales e Inglaterra poderán recibir a axuda de intérpretes en lingua de signos.
Fonte: Gov.uk
A publicación do folleto, que pertence á colección “Toponimia Aragonesa”, ten o obxectivo de favorecer a conservación deste patrimonio lingüístico e a súa transmisión e difusión a toda a poboación en xeral. Contén un mapa do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e unha lista dos topónimos, que tamén recollen a historia deste emblemático lugar.
Fonte: Heraldo
Subscríbase ao boletín