Os cursos de asturiano do proxecto Falamos da Federación Asturiana de Concellos desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro e as persoas interesadas xa poden preinscribirse a través da páxina web deste proxecto.
Fonte: La Nueva España
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os cursos de asturiano do proxecto Falamos da Federación Asturiana de Concellos desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro e as persoas interesadas xa poden preinscribirse a través da páxina web deste proxecto.
Fonte: La Nueva España
Este certame, organizado polas tres universidades galegas, doce concellos e a Deputación da Coruña, ten como obxectivo impulsar a creación en Youtube de contidos en galego. O lema da edición deste ano 2022 é «Para rede, a nosa».
Fonte: Treintayseis
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron no Pazo de Mariñán na reunión do xurado do Premio Otero Pedrayo 2022, o galardón cultural máis lonxevo de Galicia, que este ano recaeu no catedrático de Medicina Legal, investigador e xenetista Ángel Carracedo.
O programa de lecer en éuscaro destinado a nenas e nenos de 3 a 9 anos volve a partir do 4 de outubro ata o 2 de novembro. Parketarrak xa reuniu máis de 300 nenas e nenos e familias para mellorar a súa capacidade de comunicación en éuscaro e fomentar o uso desta lingua na rúa.
Fonte: Diario Vasco
Os sindicatos ELA e LAB e o Consello de Organismos Sociais do Éuscaro, Kontseilua, piden, a través da súa proposta, que se estableza un prazo de quince anos para que se garantan uns coñecementos mínimos de éuscaro en todos os empregos públicos e que se poida atender a cidadanía nesta lingua.
Fonte: Deia
A empresa galega OzocoGZ, situada no Carballiño, creou Vacaloura, un xogo de preguntas para promover o coñecemento da lingua galega. En total, o xogo conta con 500 tarxetas, 2000 preguntas e milleiros de palabras de diferentes significados.
Fonte: La Voz de Galicia
O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, presentaron os novos contidos da web do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, que incorpora a videointerpretación en lingua de signos aos consellos de autoprotección.
Por terceiro ano celébrase este certame que repartirá 1800 euros en premios e que ten como obxectivos impulsar a creatividade entre a xente nova, animar a creación de vídeos en galego a través de novos formatos e visibilizar a comunidade tiktoker galega.
Fonte: Concello de Ames
O xefe de Goberno de Andorra, Xavier Espot, interveu en lingua catalá na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).
Fonte: El Nacional
O delegado do Goberno do departamento francés dos Pireneos Orientais recorrerá perante o tribunal administrativo o uso do catalán nos plenos do Concello de Elna, primeiro municipio de Francia que autorizou os seus concelleiros a se expresaren en lingua catalá.
Fonte: El Confidencial
Subscríbase ao boletín