A comunidade tibetana que vive no exterior da China, principalmente na India, está a loitar por manter vivo o tibetano ante a opresión que o pobo tibetano está a sufrir dentro do seu territorio.
Fonte: Foreign Policy
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A comunidade tibetana que vive no exterior da China, principalmente na India, está a loitar por manter vivo o tibetano ante a opresión que o pobo tibetano está a sufrir dentro do seu territorio.
Fonte: Foreign Policy
Un estudo elaborado polo British Council revelou que a baixa formación do profesorado de lingua inglesa dos centros de ensino brasileiros está a afectar negativamente no ensino bilingüe do Brasil.
Fonte: Terra
O Movemento Cultural da Terra de Miranda (MCTM, polas súas siglas en portugués) alertou que o acelerado despoboamento das localidades do territorio trasmontano de Miranda do Douro podería provocar a extinción da lingua mirandesa.
Fonte: JM
Ata o 28 de outubro permanecerá aberto o prazo para participar na segunda edición destes galardóns aos que poden presentarse centros educativos de Educación Primaria e Secundaria de Galicia, así como de fóra que impartan a lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
O curso de habilidades comunicativas está dividido en tres módulos centrados na redacción científica, falar en público e presentacións dixitais eficientes de 25 horas de duración cada un.
Ante o retroceso que sofre o uso social do catalán, especialmente nas redes sociais, a OCB convoca o certame TikCat co obxectivo de fomentar a utilización desta lingua entre a mocidade nas novas tecnoloxías.
Fonte: Diario de Mallorca
Arredor de 2800 persoas, segundo a Garda Urbana de Barcelona, participaron na manifestación convocada por colectivos contrarios á inmersión lingüística en catalán e partidarios dunha maior presenza de castelán nas aulas de Cataluña.
Fonte: El Diario
Como cada 26 de setembro desde 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa impulsada polo Consello de Europa co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística do continente, impulsar entre a poboación a aprendizaxe de idiomas e valorar a diversidade cultural de Europa.
Fonte: European Day of Languages
O recente empeoramento das relacións entre o Reino Unido e a China podería obrigar a substituír o profesorado das escolas de lingua chinesa do Reino Unido por profesionais procedentes de Taiwán.
Fonte: The Guardian
A Xunta destina 228 177 euros á sinatura de catro convenios para apoiar a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas nos centros de estudos galegos de universidades de Alemaña e Polonia.
Subscríbase ao boletín